Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2024 | Actualizada ás 20:02
O Sindicato Labrego Galego (SLG) instou aos partidos que concorren ás eleccións autonómicas a promover políticas públicas que garantan "alimentos saudables e rendas dignas".
Foi a través dun acto público aberto á cidadanía realizado na mañá de hoxe na praza do Toural, no que trasladou as súas propostas nesta materia.
"Consolidando no noso país un modelo agroecológico de produción arroupado e protexido por un medio rural vivo, no camiño á nosa soberanía alimentaria", sostén.
O evento contou coa presenza da secretaria xeral do SLG-CCLL, Isabel Vilalba, gandeira e produtora de faba de Lourenzá. Tamén interviñeron outros representantes do sindicato que incidiron na necesidade de reverter a situación "de destrución do tecido produtor de alimentos e loitar por un medio rural vivo". Para iso, reclamaron un "cambio do rumbo nas políticas agroalimentarias".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.