ANOVA, Esquerda Unida, Podemos Galicia e "outros axentes necesarios" presentan un "preacordo" cara as eleccións

Xosé Manuel Beiras e Xavier Vence xa se reuniron para tratar de superar as barreiras que até o de hoxe impediron que se formalizase unha lista única para os comicios xerais do 20 de decembro.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/10/2015 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

ANOVA, Esquerda Unida e Podemos Galicia  presentarán aos medios o "preacordo político ao que chegamos as tres organizacións". Será nun evento este venres 2 de outubro, ás 18:00 horas na Praza de Mazarelos en Santiago de Compostela.

Beiras, de ANOVA, Pablo Iglesias, de Podemos, e Yolanda Díaz, de Esquerda Unida
Beiras, de ANOVA, Pablo Iglesias, de Podemos, e Yolanda Díaz, de Esquerda Unida | Fonte: Podemos

Os organizadores explican que, ademais de líderes das tres formacións políticas citadas, a presentación "contará coa presenza doutros axentes necesarios para o proceso de confluencia" de cara ás eleccións ás Cortes. 

O tempo para artellar formalmente unha alternativa electoral esgótase, máis cando o presidente do Goberno confirmou este xoves que os comicios serán o 20 de de decembro.

Arestora, hai dúas plataformas de base que intentan chegar a un acordo para conformar unha lista única. O Encontro por unha Marea Galega anunciou esta semana que tentará organizar unha mesa de partidos canda a outra plataforma, Iniciativa pola Unidade. Busca así que as formacións políticas tomen unha postura clara de cara a posíbel coalición.

O problema é que as relacións entre as dúas plataformas están tensas. Esta semana o Encontro rexeitou en votación da súa militancia por Internet fusionarse coa Iniciativa, como lle propuxera esta segunda. A coordinadora do Encontro comprometeu seguir negociando a fusión coa Iniciativa, pero indicou que hai diferencias, por exemplo, no papel que teñen que xogar os partidos.

Nas dúas plataformas participan activistas sen filiación política, pero nas coordinadoras das dúas hai representantes de formacións establecidas. En Iniciativa do BNG, CxG, outras entidades nacionalistas e críticos de Podemos; no Encontro de ANOVA e de varias mareas municipais.

Así as cousas, os líderes de ANOVA e o BNG mantiveron este xoves unha reunión, que a axencia que deu a primicia, Europa Press, cualifica de "encontro privado". Nada transcendeu do resultado, máis alá de que nos vindeiros días haberá unha reunión formal entre os dous colectivos nacionalistas. 

A citada axencia adianta que no acto deste venres participarán representantes das mareas que gobernan A Coruña, Santiago e Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

8 BNHJ

de abaixo cara arriba, horizontalismo, etc....ha,ha,ha,ha...CACHONDOS!!!

7 Ramón

En Galicia si se puede!!! si se puede! si se puede! jajajajajaja e mais me vou rir cando lle dean a presidencia a D. Pedro Sánchez jajajajaja Gracias Anuevos, en Podemos y en PSOE se os quiere!

2 Ramón

No BNG xa se sabía o que había, o que nunca pensei é que anova o ía superar JAJAJAJAJA

3 comunista independentista

Coido que as traizóns do BNG ao pobo traballador galego para conseguir mamandurrias son insuperábeis, amigo.

4 Heil! Chovi

Comunista independentista falanxista de nin dereitas nin esquerdas de Potemos jajjajajjjajaja que me esperrecho de onde sacará o carteiro Abalo os pitufos?

5 costumista dependentista

O lareu moita envexa ten..... españolismo esquizofrénico pseudoesquerdoso terminal!! non tes cura meu

6 Eu mesmo

Xa me estrañaba a mín que todo partise da "cidadanía". Agora caio e fágome a pregunta, quén é a cidadanía?, Ah, claro, a cidadanía son a cúpula de só tres partidos: IU, Anova e Podemos. Istos de Anova van camiño de repetir o engano das nacionais galegas. Ao tempo!

5 Caliqueño

Noticia do século pasado: "Elvira Souto, dirixente do partido que aposta polo marxismo leninismo, pensamento Mao Tse Tung, para Galicia. Noticia de febreiro de 2012: "Paula Verao, da mocidade irmandiña, defende a saída do BNG porque "é imposible rexenerar o nacionalismo desde o BNG". Noticias de outono de 2014: "Olalla Rodil, conselleira da empresa editora de Sermos Galiza". Hoxe, seica que activas axentes pola Unión (do Povo Galego)

4 Rayleigh

Viva o bipartidismo!! Si amiguiños si. Mirade o panorama: IU xa non existe. O BNG despois dos ataques brutais de xenreira de xente que non foron quen de conseguir nada no BNG e dos medios de comunicación vendidos o mellor postor non está moito mellor. ANOVA non pode sobrevivir sen parasitar a outros. PODEMOS de capa caída e C's que foi creado para limitar a PODEMOS, xa lle chegará a seu San Martín. Quen queda? Algo chamado "Mareas" que teñen o percorrido que poidan ter PODEMOS, IU e ANOVA dos que xa falei? Quen gaña, meus? Quen se está indo de rositas?