ANOVA, Esquerda Unida, Podemos Galicia e "outros axentes necesarios" presentan un "preacordo" cara as eleccións

Xosé Manuel Beiras e Xavier Vence xa se reuniron para tratar de superar as barreiras que até o de hoxe impediron que se formalizase unha lista única para os comicios xerais do 20 de decembro.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/10/2015 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

ANOVA, Esquerda Unida e Podemos Galicia  presentarán aos medios o "preacordo político ao que chegamos as tres organizacións". Será nun evento este venres 2 de outubro, ás 18:00 horas na Praza de Mazarelos en Santiago de Compostela.

Beiras, de ANOVA, Pablo Iglesias, de Podemos, e Yolanda Díaz, de Esquerda Unida
Beiras, de ANOVA, Pablo Iglesias, de Podemos, e Yolanda Díaz, de Esquerda Unida | Fonte: Podemos

Os organizadores explican que, ademais de líderes das tres formacións políticas citadas, a presentación "contará coa presenza doutros axentes necesarios para o proceso de confluencia" de cara ás eleccións ás Cortes. 

O tempo para artellar formalmente unha alternativa electoral esgótase, máis cando o presidente do Goberno confirmou este xoves que os comicios serán o 20 de de decembro.

Arestora, hai dúas plataformas de base que intentan chegar a un acordo para conformar unha lista única. O Encontro por unha Marea Galega anunciou esta semana que tentará organizar unha mesa de partidos canda a outra plataforma, Iniciativa pola Unidade. Busca así que as formacións políticas tomen unha postura clara de cara a posíbel coalición.

O problema é que as relacións entre as dúas plataformas están tensas. Esta semana o Encontro rexeitou en votación da súa militancia por Internet fusionarse coa Iniciativa, como lle propuxera esta segunda. A coordinadora do Encontro comprometeu seguir negociando a fusión coa Iniciativa, pero indicou que hai diferencias, por exemplo, no papel que teñen que xogar os partidos.

Nas dúas plataformas participan activistas sen filiación política, pero nas coordinadoras das dúas hai representantes de formacións establecidas. En Iniciativa do BNG, CxG, outras entidades nacionalistas e críticos de Podemos; no Encontro de ANOVA e de varias mareas municipais.

Así as cousas, os líderes de ANOVA e o BNG mantiveron este xoves unha reunión, que a axencia que deu a primicia, Europa Press, cualifica de "encontro privado". Nada transcendeu do resultado, máis alá de que nos vindeiros días haberá unha reunión formal entre os dous colectivos nacionalistas. 

A citada axencia adianta que no acto deste venres participarán representantes das mareas que gobernan A Coruña, Santiago e Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

3 Alberte

Ânimo! Já resta menos para Sermos Murcia.

2 amareado

Escenificando a rendición ante a españa podemita para garantirse uns cantos postos no congreso e unha xubilación modelo fraga para beiras.

1 LKI

Vaia, rendición ante España, o que fixo o BNG durante 3 décadas co P$oE para colocar varios centos de liberados e montar varias fundacións de chupóns...

2 Xoc

Onde andaban daquela Beiras, Martiño, Xulio Ferreiro...? A quen apoiaron as Mareas na Deputación ? PSOE quizáis ? Se os apoiades vós pa sacar só PP sodes chachiguais, se o fai o Bloque son o demo..

1 xos

Xenial, neste acto participarán xente das mareas, e logo din que rexeitan a Iniciativa pola Unión polo papel dos grupos políticos nela. Fantástico todo, de verdade, fantástico. Malia todo, espero que a reunión de Vence con Beiras sirva para algo.

1 LKI

Vence suplicándolle a Beiras? Non estaba en contra dos "acordos de cúpulas"? Tan desesperado está o Consello Nacional do esencialismo vitimista?

2 XanKaraLlás

Vence nunca poderá vencer ao PPPSOE mentres continúe coa súa es túpida política sectaria respeito ás alianzas coa esquerda "española". Esa é a actitude orneante dos burros.