Agustín Hernández seguirá liderando ao PP en Santiago

O ex-alcalde foi a única persoa que logrou reunir os avais necesarios para poder presentar a súa candidatura para presidir o Partido Popular de Santiago de Compostela no congreso local que esta formación celebrará o próximo 9 de novembro.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 18/10/2015 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

Pechado o prazo para presentar as candidaturas hoxe ás doce da mañá, o actual portavoz, segundo di o Partido Popular en Santiago, logrou superar amplamente o número de avais necesarios.

A partir de agora, o exconselleiro terá ata o próximo 6 de novembro para conformar unha candidatura, que terá que estar avalada por 200 firmas para poder ser sometida a votación no congreso local.

Agustín Hernández
Agustín Hernández

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta