Rafa Cuíña acompaña a candidata de Nós nun acto electoral

O alcalde de Lalín, membro da directiva de Compromiso por Galicia, recorreou o mercado da capital do Deza canda Carme Adán.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 11/12/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Rafa Cuíña deu un paso ao fronte este mércores na súa coñecida preferencia por Nós Candidatura Galega. O alcalde de Lalín acompañou a candidata por Pontevedra nun percorrido por un mercado de Vigo, onde tamén participou a actual deputada do BNG Olaia Fernández Dávila.

Carme Adán no seu recorrido electoral por un mercado de Vigo e a dereita, Rafa Cuíña
Carme Adán no seu recorrido electoral por un mercado de Vigo e a dereita, Rafa Cuíña | Fonte: Nós Candidatura Gal Twitter

A presenza de Cuíña é significativa políticamente porque o seu partido, Compromiso por Galicia, non forma parte da coalición Nós Candidatura Galega. A militancia de Compromiso votou maioritariamente dar liberdade de voto, sen decantarse por sumarse a En Marea , a outra coalición de esquerdas, nin a Nós. Esta última opción era a defendida inicialmente por Cuíña, quen de feito participara na Executiva da plataforma que serviu de berce á formación de Nós.

Cuíña non fixo declaracións durante o paseo electoral canda Carme Adán. A deputada no Parlamento de Galicia defendeu que é "fundamental baixar IVE que penaliza a vendedores e consumidores, un imposto universal que non diferencia"-

O debate en Compromiso sobre que opción electoral escoller foi complexo, con importantes diferencias de opinión, e o propio Cuíña chegou a dar entender nas redes sociais que se vía fóra da Executiva do partido galeguista. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Olympus

Titular alternativo: Rafa Cuíña acompaña á Marea nun acto eleitoral. Fotos: https://goo.gl/WxT8Ze https://goo.gl/3uzrrq https://goo.gl/fKBBuf

2 PC chines

Encuentro con Carme Adán LA VOZ DE GALICIA Gonzalo 17:16 Considérome galeguista mais non de esquerda. Considera vostede que me podo sentir representado pola oferta de Nós-Candidatura Galega?. Graciñas. Carme Adán: Dentro da coalición temos partidos como Coalición Galega que comparte ese mesmo espíritu. Pode estar seguro de que os seus intereses estarán representados.

1 Cachondo Mental

Normal, como todo o mundo coñece Cuíña é un marxista de prestixio, as suas políticas beben do materialismo histórico e a sensibilidade nacionalista lle ven do seu pai, por suposto.

1 Car

As súas políticas son progresistas de verdade, outros so moito conto