Os gandeiros de Lugo seguirán rodeando a muralla

Falan dun “éxito espectacular” da súa protesta. Besteiro di que a Xunta se erixa en aliado dos gandeiros "é para rir".

Por Galicia Confidencial | Lugo | 11/12/2015 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

A tractorada de Lugo está sendo un “éxito espectacular”. Así o considera Agro Muralla, o colectivo gandeiro que impulsou a nova tractorada que, temía, que non tivera tanto apoio como está sendo. E é que finalmente, lograron xuntar a case un milleiro de vehículos que rodean a muralla da cidade.

Tractores bloqueando a factoría de Leite Río en Lugo / Campogalego.com Bloqueo da planta de Leite Río pola crise do leite / campogalego.com Bloqueo da planta de Leite Río
Tractores bloqueando a factoría de Leite Río en Lugo / Campogalego.com Bloqueo da planta de Leite Río pola crise do leite / campogalego.com Bloqueo da planta de Leite Río

Unha protesta que o colectivo iniciou cun bloqueo das multinacionais francesas, principalmente, Gadis, Carrefour e Alcampo, as que a acusan de non cumprir o acordo para subir o prezo do leite en orixe. Por iso, desde o primeiro momento, un dos seus principais obxectivos foi concienciar aos cidadáns dos motivos da súa protesta.

"Aquí non vimos porque queremos, aquí vimos porque temos unha necesidade, porque estamos a perder diñeiro e ao bordo do peche", apuntou un destes gandeiros a EFE en declaracións recollidas por varios medios. "Nós o que queremos son garantías firmes. E memtres iso non pase, imos seguir aquí, porque a xente está no límite da desesperación. Non se consegue facer viables as explotacións hoxe en día", engadiu.

Por iso, están dispostos a manter a protesta, mesmo durante as festas de Nadal, se non reciben algún tipo de solución. Os gandeiros que están a participar na tractorada reuníronse no mediodía deste venres en asemblea e decidiron realizar unha nova “visita” ao hipermercado que a multinacional Carrefour ten en Lugo.

Por outra banda, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, criticou as declaracións do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, quen onte se declaraba “aliado” dos gandeiros. "É para botarse a rir ou chorar porque con aliados así non fan falta inimigos", dixo ao tempo que suliñou que os populares non son "de fiar" posto que nin lembra as veces nas que dirixentes deste partido dixeron que os prezos "ían subir, íanse a manter altos, e as explotacións gandeiras ían ter beneficios".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Walton

Agora toca alporizarse; o día 20, todos a votar polos caciques da gaivota, como vén sendo costume. Gocen do votado, señores gandeiros!