Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 04/09/2024 | Actualizada ás 19:24
A Consellería do Medio Rural informou este mércores dun incendio forestal que permanece activo e afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés en Entrimo. As chamas quedaron xa máis de 180 hectáreas en territorio galego, segundo o cálculo provisional. O lume orixinouse sobre as 20.30 horas do martes en Portugal e os medios do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta estiveron a colaborar e traballando na zona fronteiriza desde o primeiro momento, informa a Xunta. Finalmente, o lume entrou en Galicia, aproximadamente, sobre as 17.00 horas deste mércores, pola parroquia de Venceáns. Por agora mobilizáronse para a súa extinción 15 axentes, 24 brigadas, 13 motobombas, 3 pas, 2 técnicos, 6 avións e 5 helicópteros.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Verteduras aos ríos e cambios nos usos do solo: dos xurros contaminantes ao arrasamento de montes enteiros
- Galicia incrementa o persoal de vixilancia antiincendios nos seus montes este verán: serán 35 patrullas
- Comeza o ciclo de conferencias da Real Academia Galega de Ciencias dedicado ao mar
- Pesca e marisqueo ilegal: de vieiras con toxinas a angulas con destino a Asia e ameixas furtivas
- Controlado un incendio no barrio de Covadonga, en Ourense, e estabilizado outro en Lalín
- Caza ilegal e furtivismo: de lazos de aceiro a escopetas con silenciador e trofeos falsificados