Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 13/10/2024 | Actualizada ás 12:00
Sen abandonar a senda principiada a semana pasada, adentrámonos desta volta –dividíndoo, iso si, en dúas entregas– nun artigo no que imos reflectir locucións e expresións que cadran coa castelá a mansalva.
A mansalva
A punta (de) pala && A tutiplén && A mogollón && A porrillo && A porradas && A gogó && A montones
{= En gran cantidade, abundamentemente, en abundancia.}
A moreas
A feixes
[E MAIS]:
A esgallo
A montes
A montóns
Ex.: Este año en la fiesta había gente a mansalva.
Este ano na festa había xente a esgalla ‡ a embute ‡ a mazo ‡ a moreas ‡ a feixes ‡ á envorca ‡ a esgallo ‡ a montes ‡ a montóns.
Ex.: Gana dinero a mansalva.
Gaña cartos a esgalla ‡ a embute ‡ a mazo ‡ a moreas ‡ a feixes ‡ á envorca ‡ a esgallo ‡ a montes ‡ a montóns.
● Tamén:
A rabiar
A varrer && A fartar && A escachar && A dolor && A anciñar # A enciñar && A rodar && A babar && A fozar && A rabiar && A eito && A cachón
Ex.: Este ano na festa había xente a varrer ‡ a fartar ‡ a escachar ‡ a dolor ‡ a anciñar ‡ a rabiar.
Ex.: Gaña cartos a varrer ‡ a fartar ‡ a escachar ‡ a dolor ‡ a anciñar ‡ a rabiar.
● Tamén:
A patadas
A patadas && A espesas && A piñón
Ex.: Este ano na festa había xente a patadas ‡ a espesas ‡ a piñón.
Ex.: Gaña cartos a patadas ‡ a espesas ‡ a piñón.
● Tamén:
A mares && A chorros
● Tamén:
A cientos && A miles
A centos && A milleiros && A miles && A millentas && A milleiras && [E MAIS TAMÉN, COMO VARIANTES MÁIS OU MENOS AXEITADAS EN FUNCIÓN DOS CONTEXTOS]: Ós/Por centos && Ós/Por milleiros && Ás millentas && Ás milleiras
● Tamén:
A pote && A barullo && A manta (de Dios) && A mantas && A rodo && A manos llenas && A manojos && A puñados && A cargas && A (todo) pasto
A pote && A barullo && A treo && A vao && Ás cheas && A mans cheas && A ferrados && A rodos && A rodo && A feixe molle && A escachapexegueiro && [E MESMO]: A varrisco && A vurullóns && A mouzadas && A desbolle
● E tamén, se cadra asociadas a ámbitos de uso máis ben coloquiais:
A Deus && A Deus dar && A Cristo && A Cristo dar
● E inda tamén, a xeito de adxectivos que cadran en número e xénero co substantivo que acompañan ou modifican:
Callado && Espeso && Regañado && [E MESMO, COMO LOCUCIÓN ADXECTIVA COMPARATIVA]: Basto coma os piollos
Ex.: Este ano na festa había xente callada ‡ espesa ‡ regañada ‡ basta coma os piollos.
NOTAS:
1. Antes de todo, cómpre facer notar que, tanto para castelán coma para galego, non todas as locucións son en principio susceptibles de se usaren (cando menos dun xeito, digámolo así, “natural”) indistintamente en todos os contextos, polo que neste senso non nos queda máis ca remitir ó saber e á experiencia lingüística persoal de cadaquén.
Por pór un simple exemplo, parece claro que non presenta problema un enunciado como:
Ex.: Hoy has comido sopa a mansalva ‡ a montones ‡ a porrillo ‡ a punta pala ‡ ....
Hoxe comiches sopa a esgalla ‡ a embute ‡ a moreas ‡ a feixes ‡ á envorca ‡ a carradas ‡ a esgallo ‡ a montes ‡ a montóns...
Mais, non obstante, parece que xa non sería aló moi normal un enunciado como:
Ex.: *?Hoy has comido sopa a cientos ‡ a miles.
*?Hoxe comiches sopa a centos ‡ a miles.
2. As locucións a moreas, a montes, a montóns, a carradas e a mans cheas tamén presentan, inda que posiblemente non sexan tan comúns nin axeitadas en todos os contextos, as variantes ás moreas, ós montes, ós montóns, ás carradas e ás mans cheas.
3. A locución a desbolle, rexistrada por Aníbal Otero, probablemente se viría a corresponder, de a querermos adaptar ós criterios léxicos normativos, cunha hipotética á debulla.
4. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas (xuntamos as fontes en que baseamos esta entrega e mais a seguinte):
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Anta Fernández, Alicia: “O Robledo é capital e o demais son conquistas: fraseoloxía de Robledo de Domiz”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 23, 2021, páxs. 141-157. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Asociación de Escritoras/Escritores en Lingua Galega: Sección “Palabras con memoria”, á que se pode acceder a través de Internet no enderezo seguinte: https://www.aelg.gal/palabras-con-memoria.
- Barbeito Lorenzo, María Dolores: “Frases feitas do Concello das Neves”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 293-301. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 1”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 14, 2012, páxs. 287-308. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía en Sebil, 2”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 15, 2013, páxs. 441-462. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Cuns Lousa, Xulio: “Rabusco”. En Anuario Brigantino, 12, 1989, páxs. 259-287.
- Cuveiro Piñol, Juan: Diccionario gallego. Publicado en 1876. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Da Cerna: “Ditos, frases feitas e refráns”, no blog “Da Cerna”, accesible no enderezo https://dacerna.blogspot.com/p/ditos-e-frases-feitas.html.
- Disionario da Revolusionaria Academia Morrasense da Lingua. Ó cal se accede no enderezo de Internet http://disionariomorrasense.blogspot.com/p/refrans-morrasenses.html.
- Ferro Ruibal, Xesús (dir.): Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo Edicións, Vigo, 1992.
- Franco Grande, Xosé Luís: Manuel Leiras Pulpeiro. Obra Completa. Ed. Galaxia, 1970.
- Franco Grande, Xosé Luís: Diccionario galego-castelán, 2ª ed., 1972, Galaxia, Vigo. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Goce Denis, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Blog no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/.
- Graña Núñez, Xosé: Vacilacións, interferencias e outros “pecados” da lingua galega. Ir Indo Edicións, Vigo, 1993.
- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- López Barreiro, Margarita: “Frases feitas do Cachafeiro (Forcarei)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 317-327. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- López Taboada, Carme & Soto Arias, Mª Rosario: “Sete catas na orixe da fraseoloxía”. En Estudos de Lingüística Galega, 2, 2010, páxs. 221-233. Instituto da Lingua Galega.
- Lugrís Freire, Manuel: Gramática do idioma galego (2ª edición, corrixida e aumentada). A Coruña, Imprenta Moret (Galera, 48), 1931.
- Martín Sarmiento: Material lexicográfico elaborado por frei Martín Sarmiento entre 1745 e 1770. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.
- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “O labor de fraseógrafo de Manuel Leiras Pulpeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 59-77. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.
- Otero Álvarez, Aníbal: “Vocabulario de San Jorge de Piquín”. Revista Verba, anexo 7. Universidade de Santiago de Compostela. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Pintos Villar, Juan Manuel: Vocabulario gallego-castellano. Datado cara a 1865. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Real Academia Galega: Diccionario gallego-castellano, de entre 1913 e 1928. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).
- Requeixo Cuba, Armando: “Sobre fraseoloxía galega: algunhas mostras da área mindoniense”. Cadernos de Lingua, 9, 1994, páxs. 89-110.
- Rivas, Paco: Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 1, 2000. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):
a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.
b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.
c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.
- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Sobreira Salgado, Juan: Material lexicográfico elaborado por Juan Sobreira Salgado entre 1787 e 1805. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Soto Arias, María do Rosario & González García, Luís: “Aplicacións didácticas dos refráns”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 6, 2004, páxs. 231-250. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario castellano-gallego. Publicado en 1884. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.