Marexada entre o quintanismo

Non gustou nada a proposta de lista feita pola Executiva entre boa parte dos quintanistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/12/2008 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Na Coruña, finalmente, irá de número dous Ana Belén Pontón; a quen moi poucos quintanistas consideran unha muller de peso para acompañar a Quintana nesta candidatura. E en Pontevedra, e a pesar de que se anunciaba a súa retirada, segue Bieto Lobeira. Ademáis non vai en postos de saída Roberto Mera, quen ao ter que competir con Quico Paz na mesma comarca, quedou por detrás deste e moi lonxe de postos de saída.

"A ver como xustifica agora Quintana iso da renovación", apunta unha fonte consultada en referencia Lobeira, que en marzo cumprirá 13 anos na Cámara galega. "Na lexislatura pasada, moitos que levaban oito pasaron a outra vida". "A ver como se xustifica o de Ánxela por Ana Belén Pontón", indica outro quintanista. "Está claro que Quin deixou facer á U para que logo non lle toquen o goberno", apunta un terceiro.´E é que, ao parecer, se o BNG volta ao goberno, será Quintana quen teña máis poder de decisión para configurar o executivo, especialmente, a titularidade dalgunha nova consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 102 comentarios

32 anonimawoman

VIVA A TITULITIS!!!

Cantos licenciados universitarios hai que non sabería situar Tailandia nun mapa...en fin, son cousas do PsoE.

Pero mirade que dicides sandeses, enton Fidel Castro é de dereitas?, seica non hai empresas privadas en Cuba...non sexas anónimo mais papista que o papa.

31 anónimo

o marxismoleninismo da upg é unha farsa. vaia marxistas dos c_llóns que queren parecer e mesmo chegar a ser neocatecumenaisdemocratacristiáns

30 Guti

eu máis ben coido que se levan o 54% -que está por ver, vindo a nova de La Voz- é porque son os que máis artellada teñen a súa unión xa que o resto de correntes está moi espallada. En calquera caso, nada de seren os máis formados e os máis traballadores. Coñece alguén a formación académica do seu secretario de organización, Roberto Vilameá? Seguirá aínda matriculado na USC? Idem de Bieito Lobeira? É o CV de Pontón para ir de nº 2 detrás de Quintana e á costa de Ánxela Bugallo? Non fagades rir. Tén capacidade algunha Paco Rodríguez para estar á altura do nocello de Beiras o Camilo Nogueira? É unha mágoa que esta xente estea a mangonear tanto en troques de dar unha imaxe de partido centrado e moderado á imaxe e semellanza dun CiU ou dun PNV. Só así se conseguirá aglutinar á maioría social e galeguista do país e non cun discurso marxista-leninista de eras pleistocénicas. Se a UPG representa o 15% dos afiliados do BNG pois que sexan o 15% dos candidatos. As mulleres afiliadas, se representan o 35% do total pois que teñan o 35% das candidaturas e deixémonos de tanta política cursi de todos e todas. Roberto Mera, tamén é agora da UPG ou dos Quintanistas? Vai ir de 8º por Pontevedra? Porque os 5 primeiros semella que renunciarán ás actas de deputados para entrar no goberno.

29 Xançinho

Se a UPG se fai co 54% será porque a militancia do BNG así o quere. Preguntémonos porque a UPG que ten o 15% da militancia do BNG se fai con esa importente representación nas listas electorais.
Será, seica, por qué son os que máis traballan e por qué son os que máis interese teñen no BNG?. Cando menos o curran.

Pois iso, si se levan o 54% ben merecido o teñen.

28 paco

http://www.lavozdegalicia.es/galici...

CONFLICTO

La UPG reaviva las tensiones internas del Bloque con su blindaje en las listas

La fuerza que dirige Francisco Rodríguez se asegura por primera vez el 54% de los escaños nacionalistas