Marexada entre o quintanismo

Non gustou nada a proposta de lista feita pola Executiva entre boa parte dos quintanistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/12/2008 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Na Coruña, finalmente, irá de número dous Ana Belén Pontón; a quen moi poucos quintanistas consideran unha muller de peso para acompañar a Quintana nesta candidatura. E en Pontevedra, e a pesar de que se anunciaba a súa retirada, segue Bieto Lobeira. Ademáis non vai en postos de saída Roberto Mera, quen ao ter que competir con Quico Paz na mesma comarca, quedou por detrás deste e moi lonxe de postos de saída.

"A ver como xustifica agora Quintana iso da renovación", apunta unha fonte consultada en referencia Lobeira, que en marzo cumprirá 13 anos na Cámara galega. "Na lexislatura pasada, moitos que levaban oito pasaron a outra vida". "A ver como se xustifica o de Ánxela por Ana Belén Pontón", indica outro quintanista. "Está claro que Quin deixou facer á U para que logo non lle toquen o goberno", apunta un terceiro.´E é que, ao parecer, se o BNG volta ao goberno, será Quintana quen teña máis poder de decisión para configurar o executivo, especialmente, a titularidade dalgunha nova consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 102 comentarios

22 anónimo

Na upg xente FORMADA!!! e TRABALLADORA!!!

jajjjajjaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa

Para min hai dous tipos de militante upegallo,
A-O burriño, que pensa que traballar polo nacionalismo e axitar bandeiras e aplaudir como subnormais cando se lles manda.
B- O trepilla que se meteu no cotarro para comer quente xq se non a saber de que viviría, no fondo non é que o crea moito pero mentres haxa cacho...

En xeral ningún adoita rematar os estudios e teñen a capacidade intelectual dunha faba; esto último e imprescindible para estar na PARTIDO.

21 Xançinho

Ao ler as mensaxes chego á conclusión que hai moita envexa.
A xente da UPG é a mellor formada do BNG con creces, mais entregadas á causa nacionalista e mais traballadora.
A UPG por iso capta aos mais currantes.
Non estaría mal que os que critican aos da UPG deran nomes, mais penso que os que escriben ou son do PSOE ou son resentidos do BNG porque non chegaron a ter o "postiño" que querían.

Viva o BNG!!! e Viva Galiza Ceive!!!

FELIZ ANINOVO!!!

20 eu

O de Ánxela Bugallo é un escándalo. As desbrozadoras que ían acabar con ela comezaron a zoar xa en 2005. A UPG quería a súa cabeza e Anxo Quintana entregoulla sen pudor ningún.

A cultura galega ha estrañala. E se non, ao tempo.

19 Resentido

Dicía Roberto Mera cando andaba na corrente dos nos adscritos:
Mais BNG e menos partes. Debíase referir a que cantas menos partes mais tocamos a repartir, ademais o que parte, reparte.
De isto tamén sabe a súa compañeira da Coruña, Ana Bouza, por certo esta tamén xa cougou os hábitos de traballadora na banca para pasar a vivir da política ate que se xubile.

18 Politicallada

Non sei de que se queixan os quintanistas, por certo na Coruña un grupo para onde hai cada personaxe de camarote dos hermanos Marx. Nesta provincia os quintanistas levan tres postos dentro dos seis primeiros. Por certo,cando lle toca a renovación a Aymerich, cantos anos leva nas diferentes poltronas este señor?.
O de Anxela Bugallo unha perda coma outras para o BNG.Acusana de privatizar a xestión da cidade da cultura. Alguén foi o fondo do plan eólico, non falo das adxudicacións, non eu falo do fondo , da privatización do vento, da potencia que se vai a instalar , do impacto no territorio,das garantias dos procesos industriais, de que non haxa xa quen estea vendendo o noso para se facer de ouro, etc. etc.