Marexada entre o quintanismo

Non gustou nada a proposta de lista feita pola Executiva entre boa parte dos quintanistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/12/2008 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Na Coruña, finalmente, irá de número dous Ana Belén Pontón; a quen moi poucos quintanistas consideran unha muller de peso para acompañar a Quintana nesta candidatura. E en Pontevedra, e a pesar de que se anunciaba a súa retirada, segue Bieto Lobeira. Ademáis non vai en postos de saída Roberto Mera, quen ao ter que competir con Quico Paz na mesma comarca, quedou por detrás deste e moi lonxe de postos de saída.

"A ver como xustifica agora Quintana iso da renovación", apunta unha fonte consultada en referencia Lobeira, que en marzo cumprirá 13 anos na Cámara galega. "Na lexislatura pasada, moitos que levaban oito pasaron a outra vida". "A ver como se xustifica o de Ánxela por Ana Belén Pontón", indica outro quintanista. "Está claro que Quin deixou facer á U para que logo non lle toquen o goberno", apunta un terceiro.´E é que, ao parecer, se o BNG volta ao goberno, será Quintana quen teña máis poder de decisión para configurar o executivo, especialmente, a titularidade dalgunha nova consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 102 comentarios

67 anonimo

O que debe facer un alto cargo do BNG, tintoretto, é aplicar o programa electoral e acatar as decisións da organización. Xusto o que fixo Amoedo e non fixo a Bugallo. Pero se todos sabemos que a Bugallo está nos brazos do PSOE, home! E ben que o puxeron de manifesto co tinglao da fundación gaiás.
Cando os cargos deban obediencia cega ao que os elixe, apaga e vámonos. Amoedo foi coherente porque non lle dixo "amén" nin á conselleira nin ao tartufo de Quin, un auténtico especialista do póker a tres barallas: a súa, a do goberno e a da organización.

66 tinto

Quen non se entera es tí, amigo anónimo. Eu sei que todos eles son elexidos polos conselleiros ou conselleiras. Por iso, se non están de acordo coas liñas de actuación de quen os elexiu deben dimitir e non actuar como si estiveran nese posto por designio divino ou elección popular. Para quen entenden que Amoedo é un referente no nacionalismo deberían propoñelo para algunha lista de elección popular ou interna porque como "home de confianza" non é fiable e dificilmente vai repetir cargo nesa ou outra consellería. Entendido agora, anónimo?

65 anónimo

tinto que non te enteras: tódolos secretarios xerais de tódalas consellerías son elexidos ¡¡¡a dedo!!! e nomeados polo correspondente conselleiro ou conselleira. o próximo non é próximo pois xa foi nomeado fai cáseque dous meses e chámase jose carlos sierra rodriguez que era o delegado da conselleria de cultura en orense. paréceme a min que, para ser viño novo, andas un pouco peneque ou é por mor da purrela?

64 tinto

Un cargo de confianza que se enfrenta e boicotea as decisións que toma a persoa que o nomeou como persoa de confianza. Si tivera dimitido podería ser un exemplo de coherencia e desapego polo poder. Ao tentar mandar máis que a conselleira e servir a outras direccións (súas ou alleas) deixou claro que sobraba nese posto. Agardo que ao próximo que acceda sexa de elección pública e non dixital como no que estaba.

63 lostrego

Carlos Amoedo é un exemplo para calquer persoa adicada á función pública e mais un valor en alza por se enfrentar ás inxustizas da conselleira Bugallo.
Eu ainda confio no BNG por xente coma el