Marexada entre o quintanismo

Non gustou nada a proposta de lista feita pola Executiva entre boa parte dos quintanistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/12/2008 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Na Coruña, finalmente, irá de número dous Ana Belén Pontón; a quen moi poucos quintanistas consideran unha muller de peso para acompañar a Quintana nesta candidatura. E en Pontevedra, e a pesar de que se anunciaba a súa retirada, segue Bieto Lobeira. Ademáis non vai en postos de saída Roberto Mera, quen ao ter que competir con Quico Paz na mesma comarca, quedou por detrás deste e moi lonxe de postos de saída.

"A ver como xustifica agora Quintana iso da renovación", apunta unha fonte consultada en referencia Lobeira, que en marzo cumprirá 13 anos na Cámara galega. "Na lexislatura pasada, moitos que levaban oito pasaron a outra vida". "A ver como se xustifica o de Ánxela por Ana Belén Pontón", indica outro quintanista. "Está claro que Quin deixou facer á U para que logo non lle toquen o goberno", apunta un terceiro.´E é que, ao parecer, se o BNG volta ao goberno, será Quintana quen teña máis poder de decisión para configurar o executivo, especialmente, a titularidade dalgunha nova consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 102 comentarios

62 alberto

Bieito ainda pode chegar moi alto, tan alto, tal alto, coma Anxoo

61 pedro

Duns e doutros. Das tres forzas politicas. En Ourense sempre levamos o mais granado. Pachi Vazquez, Laura Seara, .... do psoe; Tereixa Paz, ... do bng; a amparito e o fillo de baltar polo pp. Podemos completar o plantel con algunhas xoias como a ex-de xestur loli rivero ou o maior exponente de ir cos da feira e vir cos do mercado Chema ferreiro.

60 anónimo

pontés estás trabucado oh. é imposible que os do bloco sexan procesados. imposibel. eles tudiños teñen o don da infabilibilidade. estan por enriba das leis humanas. eles son a divinidade. por iso, a ver si respetades ás deidades do país. non se vos pode deixar solos nin un minuto porque vos apartades da unica fe válida galega.

59 pontés

Total, para a política que fai o BNG val calquera. Xa hai 2 alcaldes procesados por chorizadas, o de Mugardos e o ex de Fene. Os dous son tamén exemplo da alta ilustración política do Bloco.

58 picci

andade dando ideas...