Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 23/02/2025 | Actualizada ás 12:00
Na lingua castelá, para se referir a unha persoa que se embebeda habitualmente ou decote non é raro escoitar que empina el codo, fraseoloxismo que tamén se emprega para dar conta de que alguén toma alcol nunha cantidade que se considera excesiva.
Ambas as dúas acepcións presenta tamén os seus propios xeitos de dicir en galego, algúns dos cales imos ver a continuación:
Empinar el codo
Empinar de codo
Darle al codo
{= 1. Emborracharse decontino –ou, cando menos, bastante máis habitualmente do que rango que considera asumible ou aceptable quen emite a expresión– unha persoa. 2. Tomar unha persoa bebidas alcohólicas nunha cantidade que se considera excesiva.}
Darlle á pinga
Darlle á bebedela
Darlle á bebida
Cargar o carro
[E MAIS]:
Darlle á pilrasca
Mollar a palleta
Ex. (acepc. 1): La mujer lo abandonó porque empinaba el codo.
A muller deixouno porque lle daba á pinga ‡ porque lle daba á bebedela ‡ porque lle daba á bebida ‡ porque cargaba (moito # seguido # decote # ...) o carro ‡ porque lle daba á pilrasca ‡ porque mollaba a palleta ‡ porque lle gustaba mollar a palleta.
Ex. (acepc. 2): Lleva desde las nueve de la mañana empinando el codo.
Leva desde as nove da mañá dándolle á pinga ‡ dándolle á bebedela ‡ dándolle á bebida ‡ dándolle á pilrasca ‡ mollando a palleta.
● Tamén:
Darlle á golecha # ó chiclé
● E tamén:
Empinar (mucho # demasiado # continuamente...)
Cargar (moito # de máis # seguido # decote...) && Bascular (moito # de máis # seguido # decote...) && Encherse (moito # de máis # seguido # decote...) && Chupar (moito # de máis # seguido # decote...) && Trubar (moito # de máis # seguido # decote...)
Ex. (acepc. 1): La mujer lo abandonó porque empinaba (mucho # habitualmente....).
A muller deixouno porque cargaba (moito # de máis # seguido...) ‡ porque basculaba (moito # de máis # seguido...) ‡ porque se enchía (moito # de máis # seguido...) ‡ porque chupaba (moito # seguido # decote # ...) ‡ porque trubaba (moito # de máis # seguido...).
Ex. (acepc. 2): Lleva desde las nueve de la mañana empinando.
Leva desde as nove da mañá cargando ‡ basculando ‡ enchéndose ‡ chupando ‡ trubando.
● E mais tamén, nomeadamente con intención xocosa:
Facer levantamento de vidro
● Tamén, máis ou menos axeitadas en función dos contextos:
Beberse (hasta # incluso) el agua de los floreros && Beberse (hasta # incluso) las copas de los árboles
Beber (ata # mesmo # incluso) a auga das pozas
Ex. (acepc. 1): La mujer lo abandonó porque se bebía hasta el agua de los floreros.
A muller deixouno porque bebía ata a auga das pozas.
Ex. (acepc. 2): Lleva desde las nueve de la mañana bebiéndose las copas de los árboles.
Leva desde as nove da mañá bebendo ata a auga das pozas.
● Tamén, só para a PRIMEIRA “ACEPCIÓN”:
Ser un borracho # un borrachuzas
Ser un borracho # un cheas # un borrachón # un borrachiño # un borrachuzas # un chuzas && Ser un boca de xerro && [E MESMO]: (Ser dos que) Non mandar cortas as cepas && Ser amigo da cunca de viño
Ex. (acepc. 1): A muller deixouno porque lle daba á golecha ‡ porque bebía ata a auga das pozas ‡ porque era un cheas ‡ porque era un borrachón ‡ porque era un chuzas ‡ porque (era dos que) non mandaba cortar as cepas ‡ porque era amigo da cunca de viño.
● Tamén, igualmente só para a PRIMEIRA “ACEPCIÓN”:
(Estar/Andar todo o día # día tras día # seguido # decote que...) Non ver o día claro && Andar # Estar todo o día [seguido # día tras día # decote # continuamente # ....] na mula && Andar # Estar todo o día [seguido # día tras día # decote # continuamente # ....] nela && (Estar/Andar todo o día # día tras día # seguido # decote que...) Non dar nin a pé nin a man && (Estar/Andar todo o día # día tras día # seguido # decote que...) Non saír dela && (Estar/Andar todo o día # día tras día # seguido # decote que...) Arrochar monas && (Estar/Andar todo o día # día tras día # seguido # decote que...) Non a dar soltado && (Estar/Andar todo o día # día tras día # seguido # decote que...) Non a soltar
[E MAIS TAMÉN]:
(Estar/Andar todo o día # día tras día # seguido # decote que...) Non dar conta de si && Andar # Estar todo o día [seguido # decote # continuamente # ....] coa esquerda á fronte && Andar # Estar todo o día [seguido # decote # continuamente # ....] soviético
Ex. (acepc. 1): A muller deixouno porque o paisano non vía nunca o día claro ‡ non daba visto o día claro ‡ andaba seguido na mula ‡ porque o paisano andaba decote nela ‡ estaba seguido que non daba nin a pé nin a man ‡ porque o paisano andaba día tras día que non a soltaba ‡ porque o paisano andaba día tras día que non saía dela ‡ porque o paisano estaba decote arrochando monas.
● E mais tamén, así mesmo só para a PRIMEIRA “ACEPCIÓN”:
Andar # Estar todo el día [continuamente # habitualmente....] borracho # peneque # bebido # piripi # curda # alumbrado # pimplado && [E TAMÉN, POSIBLEMENTE ASOCIADAS A UN NIVEL DE LINGUA MÁIS FORMAL, E MESMO CULTO]: Andar # Estar todo el día [continuamente # habitualmente....] ebrio # embriagado # beodo
Andar # Estar todo o día [seguido # decote # continuamente # ....] cheo # bébedo # bebido # caneco # areado # cargado # tomado # chispo # trubado # pinzado # chuzas # chuzado # alumado # calcado # arrufado # privado # aviñado # empipado # mazado # pelén # queco # empericado && [E TAMÉN, POSIBLEMENTE ASOCIADAS A UN NIVEL DE LINGUA MÁIS FORMAL, E MESMO CULTO]: Andar # Estar todo o día [continuamente # habitualmente....] ebrio # embriagado
NOTAS:
1. Polo que respecta á primeira das “acepcións”, é ben sinalar que a maioría das expresións, para faceren inda maior fincapé no feito de que o de beber é un costume habitual, poden ir acompañadas de adverbios do tipo de moito, seguido, decote, decontino..., ou tamén de locucións adverbiais que transmitan un contido semellante:
Ex. (acepc. 1): A muller deixouno porque lle daba moito á pinga ‡ porque lle daba seguido á bebedela ‡ porque lle daba decote á bebida ‡ porque cargaba decontino carro ‡ porque lle daba día si e día tamén á pilrasca.
2. Nas secuencias darlle á pinga # á bebedela # á bebida # á pilrasca # á golecha # ó chiclé, o verbo dar é susceptible de ser substituído por pegar: pegarlle á pinga # á bebedela # á bebida # ....
3. Lembremos que mollar a palleta tamén se utiliza, e posiblemente en bastante maior medida, para dar conta das acepcións tanto de “beber” coma de “tomar algunha bebida alcohólica, nomeadamente nun establecemento público” (acepción, esta última, que en ocasións pode presentar uns lindes moi pouco definidos ou delimitados respecto da que tratamos no día de hoxe), tal e como se indicaba neste artigo.
4. As voces trubar e trubado, tiradas dunha xerga de canteiros propia da zona de quen isto escribe, mais usadas –cando menos hai anos– no galego do día a día, constitúen unha derivación ou deturpación turbar e turbado.
5. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Cuns Lousa, Xulio: “Rabusco”. En Anuario Brigantino, 12, 1989, páxs. 259-287.
- Ferro Ruibal, Xesús: “Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre”. Discurso de ingreso do profesor Ferro Ruibal na Real Academia Galega o 4 de maio de 1996.
- Goce Denis, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Blog no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/.
- Groba Bouza, Fernando: “A cabalo regalado non se lle mira o dente. Compilación da fraseoloxía equina galega actual”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 12, 2010, páxs. 317-372. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.
- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.
- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).
- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Sobreira Salgado, Juan: Material lexicográfico elaborado por Juan Sobreira Salgado entre 1787 e 1805. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.