Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2025 | Actualizada ás 11:29
Unha saída de vía na AG-11, ao seu paso polo municipio coruñés de Rianxo, provocou este xoves o desprendemento dunha varanda, que deixou danos en varios vehículos. Ao redor das 20.00 horas deste xoves, os bombeiros de Boiro acudiron ao lugar do suceso. Tras realizar unha inspección, observaron que un accidente de trafico, saída de vía pola marxe dereita, provocara a entrada á estrada de restos dunha varanda que provocara danos de diversa consideración noutros vehículos que circulaban pola mesma.
Ao lugar do sinistro acudiu a Garda Civil de Tráfico e o 061 -- que non trasladou a ningún ferido ao hospital --. Os bombeiros limparon os restos dos vehículos, varandas e unha mancha de aceite procedente da rotura do motor do vehículo máis afastado da vía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.