Temas: FRASEOLOXíA

“Acabar de moer”, para indicar que alguén non vai poder seguir facendo algunha cousa (+- castelán “hasta aquí haber llegado”)

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 25/05/2025 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Para indicar que unha persoa xa non vai poder –nomeadamente, porque alguén ou algo llo vai impedir– seguir facendo algunha cousa, en galego dispomos, entre outras, da paremia acabar de moer alguén, que a grandes trazos, ou moi grosso modo, viría máis ou menos a se corresponder coa secuencia castelá hasta aquí haber llegado alguien.

Interior dun muíño, coa súa roda de moer
Interior dun muíño, coa súa roda de moer | Fonte: soliloquios

Vexamos algúns exemplos:

Hasta aquí haber llegado

Haber terminado && Haber acabado

{= Secuencias lingüísticas con que se indica que alguén xa non vai poder –nomeadamente porque alguén ou algo llo vai impedir– seguir facendo máis algunha cousa.}

Acabar de moer {EN TEMPO VERBAL PASADO}

[E MAIS]:

Acabar && Terminar && Rematar {TODAS ELAS EN TEMPO VERBAL PASADO}

Ata aquí chegar {CO VERBO EN PASADO}

Ex.: Si el encargado te dijo el mes pasado que no te iban a pasar ni una más, creo que, después de lo que acabas de hacer, en esta empresa hasta aquí has llegado ya has terminado.

Se o encargado che dixo o mes pasado que non che ían pasar nin unha máis, creo que, despois do que acabas de facer, nesta empresa xa acabaches de moer xa acabaches xa terminaches xa remataches.

Ex.: Me has puesto los cuernos, así que ni perdón ni nada, que conmigo hasta aquí has llegado.

Puxéchesme os cornos, así que nin perdón nin farrapos de gaita, que comigo xa acabaches de moer xa acabaches xa terminaches xa remataches.

● Tamén:

Beber e atar a bota {EN TEMPO VERBAL PASADO}

Ex.: Se o encargado che dixo o mes pasado que non che ían pasar nin unha máis, creo que, despois do que acabas de facer, nesta empresa xa bebiches e ataches a bota.

Ex.: Puxéchesme os cornos, así que nin perdón nin farrapos de gaita, que comigo xa bebiches e ataches a bota.

NOTA:

As expresións e solucións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta