Formoso reclama un proxecto "ambicioso" para modernizar a liña férrea entre Ferrol e Coruña

Valentín González Formoso insistiu en reducir "os tempos de viaxe" para que o tren sexa "un medio de transporte competitivo", tanto para o desprazamento de persoas como de mercadorías

Por E.P. | A CORUÑA | 28/05/2025 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reclamou este mércores en Ferrol un proxecto "ambicioso" de modernización da vía férrea que conecta a cidade naval coa Coruña que non se limite a "parches ou remiendos".

O máximo responsable da institución provincial pronunciouse sobre a reunión que o martes mantiveron en Madrid o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, e os portavoces dos catro grupos municipais co director xeral do sector ferroviario para reclamar melloras urxentes na liña.

Actualmente, o tempo da viaxe entre ambas as localidades supera os 80 minutos. "Esiximos o mesmo trato para Ferrol que se lle dá ao resto das cidades galegas", asegurou González Formoso, que lembrou que a vía está "sen tocar desde fai practicamente cen anos".

Ademais, insistiu en que o proxecto ten que ser "ambicioso" co obxectivo de reducir "os tempos de viaxe" para que o tren sexa "un medio de transporte competitivo", tanto para o desprazamento de persoas como de mercadorías.

O presidente provincial non se pronunciou sobre aspectos que, dixo, "teñen que resolver os técnicos", pero, en todo caso, reiterou que reducir unicamente en 15 minutos (en alusión ao by-pass de Betanzos) "non vai permitir que sexamos competitivos".

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O que me mata é ver como un alcalde socialista que leva 18 anos no cargo (os mesmos que un tal Abel Caballero) pode montar unha pasteira de celulosa nas Pontes sen siquera unha nota de prensa... Ás veces os silencios son moi expresivos... O malo deste conto é que Galicia vaise converter nunha inmensa celulosa... Os que vivimos o cheiro da de Pontevedra non podemos comprender esta afición a Cheirar Mal