Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 31/05/2025 | Actualizada ás 11:21
Un condutor perdeu a vida tras salirdse da vía e chocar contra unha árbore no lugar de Barro de Abaixo, no municipio coruñés da Baña. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse minutos despois da media noite e foi o sistema de emerxencias e-call do vehículo o que deu o aviso automático.
O centro de emerxencias ao non ser capaz de contactar co ocupante do vehículo mobilizou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santa Comba, Garda Civil e Policía Nacional.
Cando os equipos de emerxencias chegaron ao lugar, confirmaron que un turismo cun único ocupante, que facía uso do cinto de seguridade, saíu da vía e chocou contra unha árbore. Os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.