Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 08/06/2025 | Actualizada ás 12:00
Pómoslle, pois, o ramo ó artigo principiado a semana pasada, no que nos adentramos en xeitos de dicir galegos que transmiten a significación de “rapidamente e nun breve espazo de tempo”, que a grandes trazos veñen a ser equivalentes ás secuencias castelás en un abrir y cerrar de ojos ou en un periquete.
En un abrir y cerrar de ojos
En un abrir de ojos
En un volver de ojos
{= Moi rapidamente ou nun espazo moi breve de tempo.}
Nun abrir e pechar de ollos
Nun abrir e fechar de ollos
[E MAIS]:
Nun chiscar de ollo(s)
Nun piscar de ollo(s)
Ex.: Uno no puede fiarse, que aunque hoy todo te vaya de puta madre, la vida te puede cambiar en un abrir y cerrar de ojos.
Un non se pode fiar, que inda que hoxe todo che vaia de puta madre, a vida pódeche cambiar nun abrir e pechar de ollos ‡ nun abrir e fechar de ollos ‡ nun abrir e cerrar de ollos ‡ nun chiscar de ollos ‡ nun piscar de ollos.
● Tamén:
En un instante && En un momento
Nun instante/instantiño && Nun momento/momentiño && Nun intre && Nun bocado/bocadiño
Ex.: Un non se pode fiar, que inda que hoxe todo che vaia de puta madre, a vida pódeche cambiar nun instante ‡ nun momento ‡ nun intre ‡ nun bocadiño.
● E tamén:
En un credo && En un avemaría
Nun credo && Nunha avemaría && Nun verbo
● E mais tamén:
En un tris && En un tristrás && En un tris tras && En un pispás && En un pis pas && En un plisplás && En un plis plas && En un dos por tres
Nun tris && [E MAIS TAMÉN, POSIBLEMENTE POR INFLUENCIA CASTELÁ]: Nun tris tras && Nun tristrás && Nun pis pas && Nun pispás && Nun plis plas && Nun plisplás && Nun dous por tres
● E inda tamén:
En un vuelo && En un soplo && En un suspiro
Polo aire && No aire && Nun aire/airiño && Nun airiño de Deus && Nun ai && Nun sopro && Nun alento && Nun suspiro && Nun voo && Nun proviso && Nun átomo && Nunha flor
● Tamén:
En una escapada
Nunha escapada/escapadiña && Nun escape
● Tamén:
Nun estalar de dedos && Nun chascar de dedos && Nun mal esbirrar && Nun lavar de mans && En dúas chantadas
● Tamén, a xeito de adverbios ou locucións adverbiais, e nomeadamente naqueles casos en que resulta claro e evidente o punto de partida ou o momento a partir do que acontece ou sucede aquilo do que estamos a falar, na medida en que adoitan presentar un significado máis achegado ós de “inmediatamente despois, xusto a seguir” ou “pasando pouco tempo (ou, polo menos, sen que pase moito tempo) desde [o punto do que se parte]”:
Enseguida && En seguida && Rápidamente && Pronto
Enseguida && Deseguida && Á minuta/minutiña && Axiña && Decontado && Rapidamente && Pronto
Ex.: Un non se pode fiar, que inda que hoxe todo che vaia de puta madre, a vida pódeche cambiar á minuta ‡ polo aire ‡ nun alento ‡ nun estalar de dedos ‡ nun mal esbirrar ‡ en dúas chantadas.
NOTAS:
1. Verbo da locución nun átomo, rexístrase a través da deturpación nun átimo (forma esta, a de átimo, documentada por exemplo no Dicionario de Dicionarios ou no TILG).
2. Polo que atangue á locución nun proviso, tirada da obra Frampas, contribución al diccionario gallego (1978), de Eligio Rivas Quintas, é de facer notar a semellanza coa locución castelá –locución que, por certo, vai aparecer no vindeiro artigo– al proviso (=ó instante).
3. E polo que ten que ver coa locución preposicional adverbial á minuta (que quen isto está a escribir ten de seu), cómpre dicir que se trata dunha expresión que, fornecendo efectivamente de maneira xeral esa significación de “rapidamente ou nun espazo moi breve de tempo”, emprégase moito en contextos nos que se coñece –ben porque se explicite, ben porque estea implícito– o punto de partida, xa que tende a indicar algo así como “inmediatamente despois, xusto a seguir”.
Verémolo no vindeiro artigo, pois correspóndese moi ben coa locución castelá al punto (DRAE: «Enseguida, sin la menor dilación»).
4. As expresións e solucións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas (xuntamos as fontes que se empregaron para elaborar o artigo completo, isto é, as correspondentes a esta entrega e mais á anterior):
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Asociación de Escritoras/Escritores en Lingua Galega: Sección “Palabras con memoria”, á que se pode acceder a través de Internet no enderezo seguinte:
https://www.aelg.gal/palabras-con-memoria
- Barbeito Lorenzo, María Dolores: “Frases feitas do Concello das Neves”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 293-301. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Castelo Santaballa, Lela & Quintairos-Soliño, Alba: “Tras deste tempo, tempo vén. A fraseoloxía de Xermade”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 22, 2020, páxs. 195-229. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Castro Otero, Salvador et alii: “Botando unhas liñas no mar do Morrazo”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 19, 2017, páxs. 127-150. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 1”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 14, 2012, páxs. 287-308. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Cuns Lousa, Xulio: “Rabusco”. En Anuario Brigantino, 12, 1989, páxs. 259-287.
- Da Cerna: “Ditos, frases feitas e refráns”, no blog “Da Cerna”, accesible no enderezo https://dacerna.blogspot.com/p/ditos-e-frases-feitas.html.
- Ferro Ruibal, Xesús: “Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre”. Discurso de ingreso do profesor Ferro Ruibal na Real Academia Galega o 4 de maio de 1996.
- Filgueira Valverde, X. F. & Tobío Fernandes, L. & Magariños Negreira, A. & Cordal Carús, X.: Vocabulario popular castelán-galego. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Franco Grande, Xosé Luís: Diccionario galego castelán e vocabulario castelán-galego (2ª edición), publicado en 1972. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Fraseoloxía Carcamana. Dentro do blog Historia e historias da Arousa.
- García, Constantino & González González, Manuel (dirs.): Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega. Colección Galicia Viva / Real Academia Galega. Fundación Pedro Barrié de la Maza, ano 2004.
- García García, Nuria: “Breve achega á fraseoloxía do Couto de Oíns (Arzúa)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 24, 2022, páxs. 167-183. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Graña Núñez, Xosé: Vacilacións, interferencias e outros “pecados” da lingua galega. Ir Indo Edicións, Vigo, 1993.
- Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.
- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “O labor de fraseógrafo de Manuel Leiras Pulpeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 59-77. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- OUVIDO ALGURES: Conta de Instagram.
- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).
- Rivas, Paco: Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 1, 2000. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Rivas Quintas, Eligio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):
a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.
b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.
c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.
- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Santamarina, Antón (dir.) / Ernesto González Seoane / María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.
- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario castellano-gallego. Publicado en 1884. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.