Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2025 | Actualizada ás 14:36
Por outra banda, dirixentes de CCOO demandaron "diálogo" e "planificación" de cara á implantación de proxectos vinculados á enerxía eólica, con motivo dunha xornada promovida polo sindicato na sede do mesmo na Coruña.
En declaracións aos medios, Carlos Martínez, da Secretaría de Medio Ambiente do sindicato, atribuíu á "mala planificación" nos cambios regulatorios o "bloqueo" de determinados proxectos e insistiu en que iso non axudou a que houbese "un consenso"
ARQUIVO
O Diario Oficial de Galicia (DOG) dá conta este xoves do arquivo do expediente instruído do parque eólico 'Maragouto', localizado en Outes e Mazaricos, promovido por Green Capital Power.
A solicitude de autorización administrativa previa e de construción das instalacións do parque foi denegada tras a declaración de impacto ambiental desfavorable que formulou a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático en xaneiro de 2023.
Así, tamén se procede á devolución da garantía económica que depositou en outubro de 2017 a empresa, por importe de 346.500 euros, para responder as súas obrigacións en relación coa tramitación do procedemento de solicitude de acceso e conexión á rede de transporte do parque.
En concreto, o DOG publica este xoves un extracto da resolución, datada o pasado 22 de maio, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se arquiva o expediente e cancélase a garantía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.