Unha ruta polos terreos onde se instalará a mina de Doade reivindicará este domingo a fauna e flora ameazada

O proxecto está deseñado para producir 93.000 toneladas de concentrado de minerais de litio. O calendario co que traballa a empresa é comezar coa extracción de mineral en 2028.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/08/2025 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

Unha ruta circular por Doade, no municipio ourensán de Beariz, porá en valor a fauna e flora da zona na que se proxecta unha mina para extraer litio. Esta actividade reivindicativa está convocada pola Comunidade de Montes de Doade conta coa colaboración da Plataforma SOS Suído Seixo. A ruta, que durará tres horas, sairá da Casa do Pobo de Doade. Un experto explicará a riqueza natural da zona e visitarase o lugar no que se quere implantar a mina para despregar unha pancarta.

A mediados de xullo, a Xunta sacou a información pública o proxecto de Mina Doade, no municipio ourensán de Beariz, un dos 47 declarados como estratéxicos pola Comisión Europea para a explotación de materias primas. Está impulsado por Recursos Minerais de Galicia (empresa propiedade do aragonesa Grupo Samca), que destinou 10 millóns ata a data e prevé un investimento global de 120 millóns de euros. O proxecto está deseñado para producir 93.000 toneladas de concentrado de minerais de litio. O calendario co que traballa a empresa é comezar coa extracción de mineral en 2028, tendo en conta que obteña os permisos oportunos.

Cartel da plataforma SOS Suído Seixo
Cartel da plataforma SOS Suído Seixo | Fonte: PLATAFORMA SOS SUÍDO SEIXO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta