Temas: FRASEOLOXíA

“De moca” ou “de clocló”, equivalentes ó castelán “de gorra”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 24/08/2025 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Para dar a entender que unha persoa, realizando algún tipo de acción que en teoría supón un gasto económico, non paga nada porque ese gasto llo aboan outros, en castelán adóitase empregar a locución de gorra.

Gorras de alumnos colgadas dun percheiro o día que arrinca o curso escolar en Galicia
Gorras de alumnos colgadas dun percheiro o día que arrinca o curso escolar en Galicia | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

En galego dispomos de locucións que fornecen ese mesmo contido, como imos ver:

De gorra

{= Sen pagar nada, e á conta doutro ou doutros.}

De moca

Pola moca

De clocló

Ex.: El tío tiene un morro que se lo pisa: lleva almorzando de gorra toda la semana.

O tipo ten un papo que lle arrastra: leva xantando de moca pola moca de clocló toda a semana.

● Tamén:

De balde && Gratis

De balde && Gratis

● Tamén:

De cachete && De mogollón && De gañote && De bóbilis (bóbilis) && A ufo

De coca && De sibino && De baracalofe && [E MESMO, POSIBLEMENTE POR CALCO CASTELÁN] De bóbilis (bóbilis)

● Inda tamén, normalmente precedidas do verbo andar e facendo fincapé en que alguén, adrede ou de propio intento, anda tentando que sexan os demais quen asuman e paguen os seus gastos:

Á moina && De moina && Á chupa && Ó chibo

Ex.: Dile que si se salir con nosotros, que se venga, pero que en nuestro grupo no aceptamos a nadie que ande de gorra, ¡eh!

Dille que que se quere saír connosco, que veña, pero que no noso grupo non aceptamos ninguén que ande á moina que ande de moina que ande á chupa que ande ó chibo, ¡eh!

● Tamén, en contextos:

Por la cara && Por el morro

Pola cara && Polo morro && Polo papo

Ex.: Es un jetas: lleva almorzando por la cara toda la semana.

É un lampantín: leva xantando pola cara polo morro polo papo toda a semana.

● E inda incluso, en contextos en que se aplica a aquilo que non custou nada ou que se conseguiu sen esforzo:

De veña a nós

Ex.: Leva xantando de veña a nós toda a semana.

NOTAS:

1. A voz moca pronúnciase con [ɔ] (isto é, con “o” aberto).

2. A locución de clocló presenta variantes tales como de glogló (rexistrada en Parucadas) ou de cocorocó (recolleita persoalmente da oralidade galegofalante).

3. As expresións e solucións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Asociación de Escritoras/Escritores en Lingua Galega: Sección “Palabras con memoria”, á que se pode acceder a través de Internet no url seguinte: https://www.aelg.gal/palabras-con-memoria

- Cuns Lousa, Xulio: “Rabusco”. En Anuario Brigantino, 12, 1989, páxs. 259-287.

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe. Publicado en 1985. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Goce Denis, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Blog no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/.

- Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Lugrís Freire, Manuel: Gramática do idioma galego (2ª edición, corrixida e aumentada). A Coruña, Imprenta Moret (Galera, 48), 1931.

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Santamarina, Antón (dir.) / Ernesto González Seoane / María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.

- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario Gallego-castellano publicado en 1884 por D. M. Valladares Núñez. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta