Por Europa Press / Redacción | LUGO | 05/09/2025 | Actualizada ás 20:01
A Plataforma Ulloa Viva, nun comunicacado difundido este venres, tachou de "curioso" que o novo embaixador de Portugal en España, José Duarte, non contactase co colectivo para coñecer máis sobre o proxecto da multinacional portuguesa Altri en Palas de Rei e sobre a posición dos veciños. Tal e como lembrou a plataforma, durante a súa primeira visita oficial a Galicia, a semana pasada, o diplomático asegurou que "lle gustaría falar con todos os actores para ver un por un os problemas que están identificados" no plan da empresa lusa e por se hai que modificar "algunha cousa".
Precisamente, Duarte afirmou mentres estivo en Santiago que "estuda o tema" de Altri e que coñece "a reacción que algunhas forzas" tiveron co anteproxecto, mencionando expresamente a Greenpeace --o diplomático non fixo ningunha referencia á plataforma veciñal Ulloa Viva--. Nesta liña, desde o colectivo criticaron que Duarte non lles contactase, "unha plataforma veciñal que abandeira a loita" contra a instalación da compañía portuguesa en Galicia. Na carta que Ulloa Viva enviou ao embaixador, o presidente da plataforma, Juan Pedro Sánchez, advirte de que "o proxecto de Altri non é algunha cousa, é un todo inaceptable neste territorio".
CRITICAS AO EMBAIXADOR
Tamén aproveitou o colectivo para matizar que "comprende" que o diplomático é novo no cargo --Duarte está no posto desde abril--, pero criticou que "alguén con responsabilidades diplomáticas (...) só expresase interese por falar coa multinacional con capital no seu país". Así mesmo, Ulloa Viva tamén afeou ao diplomático que tardase "máis de cinco meses" en "interesarse sobre un proxecto e un conflito social xerado en Galicia" que, trasladou, "afecta de cheo a unha empresa de celulosa que ten certos problemas de contaminación coas súas instalacións en Portugal".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.