Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/09/2025 | Actualizada ás 11:03
A Garda Civil da Coruña informou de que continúa o operativo de procura do home de 73 anos desaparecido en Sada desde a tarde deste venres. Ás 09.00 horas deste domingo o punto de encontro para continuar coa procura é na zona do Pazo de Meirás e participan as patrullas de Seguridade Cidadá de Sada, Oleiros e Cambre, o servizo cinologico, Policía Local, persoal do servizo emerxencias, familiares do desaparecido e voluntarios.
Foi un familiar o que interpuxo unha denuncia no posto de Oleiros e o home, que sofre principios de Alzheimer ou algunha outra enfermidade dexenerativa. O home, no momento da desaparición, levaba teléfono móbil, diñeiro en efectivo e vestía unha camiseta a raias e pantalón vaqueiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.