A CIG acusa de "abusivos" os servizos mínimos da Xunta de cara os paros a favor de Palestina

A representación da CIG que participou este xoves en Santiago na reunión para abordar os servizos mínimos cualifica de "verdadeiro paripé" o encontro, e asegura que os responsables da Xunta "limitáronse a trasladar a proposta sen entrar a valorar as achegas das organizacións sindicais"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2025 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

A CIG considera "esaxerada e abusiva" a proposta de servizos mínimos da Xunta en relación co paro xeral en solidariedade con Palestina convocado para o vindeiro mércores 15. Respecto diso, anuncia a impugnación xudicial no caso de que a administración non rectifique.

Nun comunicado, a central nacionalista afirma que a proposta de servizos mínimos "persegue claramente impedir o exercicio do dereito de folga".

A representación da CIG que participou este xoves en Santiago na reunión para abordar os servizos mínimos cualifica de "verdadeiro paripé" o encontro, e asegura que os responsables da Xunta "limitáronse a trasladar a proposta sen entrar a valorar as achegas das organizacións sindicais".

"Quedou claro que a Administración non sentou coa vontade de escoitar á parte social e que participou na reunión por obrigación legal, xa que nin sequera fixeron comentarios a respecto das nosas valoracións, como si pasou outras veces", denuncia a secretaria confederal de organización da CIG, Susana Méndez.

A central incidiu en que "non é necesario establecer servizos mínimos para os paros de catro horas por quenda de traballo convocados pola CIG", tendo en conta que a prestación dos servizos mínimos, asegura, "non se vai a ver afectada".

Méndez lembrou que decretos anteriores de folgas e paros parciais foron anulados nos tribunais e esixe "servizos mínimos dimensionados" e que non se publique o día antes do paro.

E a CIG sinala "exemplos pintorescos" destes servizos mínimos como os relativos aos centros de investigación agroforestal, os servizos periféricos dalgunhas consellerías e a Axencia Tributaria, "que aumentan mesmo o número de traballadores".

Unha persoa durante unha concentración en apoio á Global Sumud Flotilla, a 2 de outubro de 2025, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). A concentración prodúcese tras ser interceptada por Israel a Global Sumud Flotilla, para esixir a. Agostime - Europa Press
Unha persoa durante unha concentración en apoio á Global Sumud Flotilla, a 2 de outubro de 2025, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). A concentración prodúcese tras ser interceptada por Israel a Global Sumud Flotilla, para esixir a. Agostime - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta