O leite galego, de calidade pero o peor pagado de España

Un gandeiro galego cobra tres céntimos menos que un asturiano polo litro do leite. A Xunta fala de "bos datos" tras gañar dous céntimos por litro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2025 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O prezo medio que se pagou aos produtores de leite en Galicia en agosto foi de 50,7 céntimos por litro, o que supón un incremento de máis de dous céntimos respecto ao mes anterior, segundo datos do Ministerio de Agricultura.

No entanto, esta cifra está máis dun céntimo por baixo da media do Estado, que se eleva a 51,9 céntimos por litro. Os 50,7 céntimos de Galicia supoñen o prezo máis baixo da España peninsular, case tres céntimos menos que a veciña Asturias (53,4 céntimos).

Foron 197.746 toneladas de leite as entregadas en agosto polos produtores galegos, lixeiramente inferior ao mes de xullo. Ademais, os gandeiros con entregas seguen en descenso e quedan a piques de quedar por baixo dos 5.000, son 5.033, 30 menos que o mes anterior.

Respecto diso, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destaca os "bos datos" no lácteo, con "unha marca" en prezos na serie histórica nun mes de agosto. Nunha visita á gandaría Rieiro, en Santa Comba, a conselleira subliña que tamén se alcanza a maior cifra de entregas de leite neste mes de agosto nos rexistros.


Vacha leiteira. GRUPO LENCE
Vacha leiteira. GRUPO LENCE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta