Acolchados de palla fronte á erosión en zonas de Ourense afectadas polos incendios forestais

A previsión da Xunta, segundo indicou nun comunicado, é actuar en 200 hectáreas de terreo.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/10/2025 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural realiza acolchados de palla en zonas afectadas polos incendios forestais deste verán para facilitar a restauración das áreas queimadas e protexelas da erosión e evitar ecorrentías. A previsión da Xunta, segundo indicou nun comunicado, é actuar en 200 hectáreas de terreo e previamente realizaron un levantamento topográfico e a localización, dimensionamento e deseño de parcelas en zonas afectadas e con posibles riscos hidrolóxicos e erosivos.

As actuacións realízanas cun helicóptero con base no Barco de Valdeorras e céntranse en áreas afectadas da provincia de Ourense, especialmente na contorna de Valdeorras, por ser das máis sensibles á posibilidade de que se rexistre erosión no chan. Ao mesmo tempo, realizan traballos en pistas danadas, incluíndo as cunetas e as obras de paso para mellorar a capacidade de evacuación das augas.

Repartición de palla en zonas afectadas polos incendios forestais
Repartición de palla en zonas afectadas polos incendios forestais | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta