1 de 304 en Opinión seguinte

Cartas de lonxe II: Silencio atronador

Necesito que me indiquedes, por tramos sociais de ingresos e atendendo ao sector produtivo, cal é o sentir pola subida de impostos deste ano que xa está a terminar.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 20/10/2025

Comparte esta noticia
Como sabemos, o 1 de xaneiro de 2025  entraron  en vigor unha serie de subidas dos impostos, entre os que destacou o Imposto ao Valor Engadido IVE,  dos alimentos. Así, todos alimentos básicos tributan ao 4%, e o resto ao 10%, como a carne e o peixe. Tamén  agora os produtos de leite fermentada estarán incluídos no IVE  do 4%. 
 
Tamén necesito coñecer atendendo aos seus ingresos e por sectores,   o sentir dos asalariados polos impostos sobre os  combustibles para quentarse. O gasoil de calefacción está suxeito a un IVE do 21%.  Na   luz de casa,  uso domestico, o IVE é do 21 %  desde  tamén este  1 de xaneiro 2025.  A luz de casa  ten outros impostos, como  o Imposto Especial sobre a Electricidade (IEE)  que é un tributo que grava o consumo de enerxía eléctrica e representa unha porcentaxe do total da factura antes de aplicar o IVE. Actualmente, a porcentaxe aplicable é do 3.8%. Así a electricidade dos consumidores, a luz da casa,  ten o 21% máis  un 3,8% de impostos.
 
 Os cidadáns  pagan impostos por  comer, quentarse, alumase, e pola auga para lavarse e beber. Pagan impostos por sobrevivir na presente etapa inflacionaria e con salarios estancados en poder real desde fai 20 anos, evidente nas grandes masas asalarias do sector privado con menores ingresos ou ingresos baixos. E  a maior inflación máis porcentaxe en  impostos. 
 
Sobre a vosa pregunta, coincido coa análise, conclusións que me enviastes, así  como na vosa  denominación bíblica; a expresión “trampa saducea” paréceme correcta, xa que adrede, a calquera afirmación que se expón desde o Poder, a nosa resposta, conteste o que se conteste, expoña o que se expoña, ao entrar nese vórtice de mentiras, falacias,  idealismos e  infantilismos,  vai ser saduceamente mal interpretada. Talvez por iso mesmo, grandes sectores da poboación  gardan silencio ante o ruído gobernamental.  O hastío é tal, que a mais balbordo do Poder, mais desafección xera. 
 
 O silencio da   maioría  da poboación esconde unha realidade. Hoxe como onte o traballo subterráneo, invisible e constante do malestar  está oculto, mentres na superficie  celébranse alegres e moi ruidosos  espectáculos rueiros.  A contradición   entre o silencio subterráneo, xerme da rebelión,  e o ruidoso espectáculo  rueiro,  xa está  presente. A máis bulicio do Poder, máis aversión  crea. 
 

Un mercado de alimentos
Un mercado de alimentos | Fonte: Eduardo Parra - Europa
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA