Por Galicia Confidencial | Lugo | 08/07/2016 | Actualizada ás 12:41
Este 4 de agosto remata o prazo da matrícula da VII edición do masterterra, que ten unha duración de ata dous anos como máximo. Aborda a xestión territorial, integrando coñecementos doutras titulacións como as Enxeñerías de Montes ou Agrónomos, Arquitectura, Xeografía ou Economía.
As asignaturas que se imparten están relacionadas coa política de desenvolvemento do territorio, a xestión das terras, a avaliación dos plans urbanísticos, valoracións catastrais ou técnicas de análise de información espacial como os coñecidos xeoradar ou drons.
Esta disciplina, máis coñecida como masterra, é unha actividade pioneira a nivel nacional, pois de todas as universidades españolas tan só o Campus lucense a ofrece dende unha perspectiva multisectorial. Orientada a un perfil académico do investigador, está especializada na optimización da extensa riqueza territorial galega, lucense e española.
A modalidade telepresencial é outro dos aspectos que fan que esta sexa unha iniciativa única no ámbito universitario español. A través deste sitema, a Escola Politécnica ofrece a posibilidade de que alumnos extranxeiros e doutras universidades completen o curso sen necesidade de desprazarse a Lugo, participando no desenvolvemento da actividade lectiva nas aulas.
Máis demanda cada ano
Cada ano, este tipo de formación se vai consolidando máis, de tal xeito que é acollida por un bo número de extranxeiros. Concretamente, e segundo as estatísticas que manexa a organización, o 15% do estudantado soe ser internacional, preferentemente de Brasil, México, Colombia, Portugal e República Checa; entre o 15-20% nacional e, o resto, da comunidade autónoma.
Dispón de 60 créditos e 22 prazas, da que 3 son a tempo parcial e 8 reservadas para alumnos de fóra do territorio nacional. A matrícula pode realizarse a través da páxina oficial da USC, na seguinte ligazón: httpps://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp.
Dezaséis profesionais expertos na materia e outros quince visitantes integran o persoal docente. Conta coa colaboración e financiamento de entidades públicas e privadas, tales como a Deputación de Lugo ou a Fundación Juana de Vega. Os mellores proxectos de fin de máster tamén serán publicados pola USC nunha das publicacións anuais da mesm
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.