Para que vale a Radio Galega Música?

Os últimos datos do EGM mostran que a segunda canle pública -dominada pola ‘pachanga’ en linguas foráneas- non a escoita case ninguén. No mercado das radios convencionais, a SER mantén o dominio, a COPE progresa e a Radio Galega retrocede aínda máis.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 11/07/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O Grupo Prisa segue a ser o gran dominador do mercado radiofónico en Galicia, tanto na radiofórmula como, sobre todo, na radio convencional. As emisoras da Cadena Ser son seguidas polo 20,9% dos radiooíntes do país (506.000 oíntes); a moita distancia da Cope (12,1% e 293.000 oíntes), Radio Galega (10,9% e 263.000 oíntes), Onda Cero (8,3% e 202.000 oíntes), Radio Nacional  (5,2% e 133.000 oíntes) e Radio Voz (4,2% e 100.000 oíntes). Así o indican os datos da última onda do Estudio General de Medios (EGM).

Raking de audiencia de emisoras de Radio en Galicia segundo o EGM
Raking de audiencia de emisoras de Radio en Galicia segundo o EGM | Fonte: Avante Medios Briefing Galego

A Internet pronto superará á radio

O EGM indica que, en termos xerais, o número de galegos que escoitan a radio diminúe pouco a pouco. De seguir esta progresiva caída (a porcentaxe de radiooíntes pasou de case o 62% ao 60%) pronto a Internet (58,5%) superará a radio e converterase na segunda forma de comunicación máis importante do país. 

Este retroceso xeneralizado do medio implica que a práctica totalidade de emisoras perden audiencia respecto aos datos de 2015. Con todo, hai excepcións. A Cope (32.000 oíntes máis nun ano) escala posicións arrebatándolle á Radio Galega o segundo posto nas cadeas convencionais.

Por que non funcionan as emisoras públicas?

Estudio da Radio Galega
Estudio da Radio Galega | Fonte: crtvg.es

Esta última onda do EGM foi moi mala para as emisoras públicas autonómicas, malia moi optimista visión dos datos que vendeu a empresa pública , que obvia os datos interanuais. O buque insingia, a Radio Galega perde 39.000 oíntes nun ano e quédase en 263.000. De todas as autonomías onde hai lingua propia oficial, as emisoras públicas do país son as que presentan peores datos. 

Especialmente preocupante é o caso da Radio Galega Música que, malia o seu nome, céntrase en programar basicamente música en español e en inglés, moi similar ao resto de radio fórmulas e co hándicap de apenas ter locutores para presentar os temas. Unha fórmula barateira para a Radio Galega Música. O resultado é que malia ter unha sinal potente que se colle en practicamente todo o país, a segunda emisora púbica ten un nivel de audiencia ínfimo testemuñal. A penas 18.000 oíntes; o 0,1% da audiencia en días laborábeis no ámbito estatal. Noutras palabras, unha frecuencia pública desaproveitada case totalmente porque, ademais, non está cumprir o fin para o que foron creados os medios públicos galegos: difundir a cultura e o idioma do país. Na Radio Galega Música o galego é unha rara avis , constrinxido a honrosas excepcións como o Onda Vital (que todos os días de semana emite música de grupos galegos contra as 20 horas) ou o Musigalité (especializado namúsica alternativa galega e as novas tecnoloxías). 

O impacto de Radio Voz, a emisora do Grupo Voz, tamén segue a ser moi limitado. Perdeu 14.000 oíntes no último ano, quedándose nuns 100.000; 51.000 en días laborábeis. A emisora nacionalista española EsRadio sigue sen conseguir calar no país, quedándose en 29.000 oíntes. 

Mercado de radiofórmulas en Galicia

No eido das emisoras musicais, sorprende o gran avance de MegaStar FM. A radio fórmula de grandes éxitos para mozos do grupo COPE pasa de 65.000 a 113.000 oíntes nun só ano. O certo é que a corporación católica domina en conxunto as ondas musicais. Malia que o líder absoluto son Los 40 de Prisa co 14,7% da audiencia e 356.000 oíntes; os católicos teñen a CAdena 100 en segunda posición con 303.000 oíntes e a Rock FM en cuarta con 181.000 oíntes. Cadena Dial, de Prisa, é terceira no ranking de emisoras musicais, a emisora de música só en español anda polos 244.000 oíntes no país. 

Unhas cifras que deberían suscitar preguntas entre os responsábeis das emisoras públicas.  Sobre todo no caso xa comentado da Radio Galega Música, pero tamén para Radio 3 (60.000  oíntes) e Radio Clásica (26.000).

Porcentaxe de cada emisora de Radio entre a audiencia de radio en Galicia segundo o EGM
Porcentaxe de cada emisora de Radio entre a audiencia de radio en Galicia segundo o EGM | Fonte: Avante Medios Briefing Galego
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Antinostrus

A min esto do EGM sérve-me de Barómetro do Subnormalismo...polo tanto parto do feito de que os 32000 que escoitamos RadioGalegaMúsica (cando non hai o opio do povo: pu to futebol) e non digo xa ren dos que facemos o mesmo coa Marabilla de Sons Galiza (único caso no mundo mundial de radiochovinismo de calidade) somos a Élite e os Superdotados do país...de aí que sexamos poucos...o mesmo lle pasa a España (Radio 3; Radio Clásica;...) así que o problema non é para que serve a RadioGalega Música senón apra que serve toda a outra moralla radiofónica.......: para alimentar os cerebros aserrinados dos Nostrus e Cia, quizais???.

4 vixia

¿Que pasa con Son Galicia?

3 Balbino

Salvame o programa mais visto, o de kiko Pantoja o disco máis vendido e Belén Esteban fartase a vender libros, isto é Espanhistan ou que vos pensades.

2 Ana

Os chirigallos en ghalisia si non dan de comer gratis de festa gastronomica ou reparten subvencións a cambio de facturas falsas non dan resultado a frijolito

1 Gamela

a pregunta é cal é a fórmula que fai medrar á COPE e Cadena Cien ?

1 capitán patán panoramán

o patanismo ! Pechemos dunha vez Radio 3 e Radio Clásica ! Viba o patanismo !