Por Galicia Confidencial | Touro | 11/09/2016 | Actualizada ás 12:00
O exitoso programa da TVG estará nos kioskos de toda Galiza para o deleite dos seus milleiros de seguidores. As 22 tempadas e todos os programas completos e especiais de nadal con todos os seus protagonistas e excolaboradores: Xosé Ramón Gayoso, Paula Vázquez, Carlos Blanco,Luis Tosar, Mela Casal como Socorrito, Avelino González, Jorge Mira, Yolanda Castaño, …
E tamén todos os grupos e artistas dende Ana Kiro, pasando por Pimpinela ata a lexendaria actuación de Boney M no programa. Todas estarán na colección de fascículos que estarán o próximo luns en kioskos e librerías de todo o país.
Segundo informa a editora catalá o lanzamento incluirá dous DVD do programa e traerá de regalo un pelo de Xosé Ramón Gayoso aínda que non se precisou de que parte da anatomía será.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.