¿E porque non piden o mesmo para Pedro Barrié de la Maza, prohibindo o uso dese nome na fundación homónima, que se mude a rúa que ten, ou o nome do dique de abrigo da Coruña que está adicado a este persoeiro, ou á Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, etc. Porque estes pillabáns non descoñecen que Barrié era moi amigo de Franco, que apoiou a sublevación, depurou de "roxos" o seu banco, e que tomou parte moi activa no regalo do Pazo de Meirás ao dictador, ou na venta que lle fixo Barrié a Franco da Casa de Cornide, frente á Colexiata da Coruña, e por 5 pesetiñas dos anos 60... Venta para a que houbo que desaloxar o conservatorio de música alí instalado, facer unha permuta do Estado co Concello na que o concello recibiu a casa, e vendeulla a Barrié. E o conservatorio aloxado trinta anos de prestado nunhas instalacións habilitadas a toda presa polo concello até que papá Estado decidiuse a edificar o conservatorio actual.
¿Ou eso xa non convén que ao mellor o Banco Pastor non nos condona os créditos? Pillabáns...
Por reclamar, agora que se cumplen 50 anos da aceptación que fixo o rei Juan Carlos do título de sucesor a franco "en virtude dos poderes emanados do 18 de xullo de 1936", ¿por qué non piden que ao rei se retracte desa aceptación? Veña, valentes, botádelle o que teñen os tíos... ¿Ou eso non? ¿E por qué non? Pillabáns, pillabáns... Sopládemes neste ollo, ho...