Por Serafín Martínez | Galicia | 23/10/2009
Ademáis dixo quen non lle gusta que o goberno amplíe o subsidio de desemprego a aqueles traballadores que non teñen ingresos para a súa subsistencia e sentenciou que isto non motiva a busca de traballo para o parado. Isto a min molestame (e iso que teño traballo), pero non me quero imaxinar a indignación que pode sentir calquera dos máis de 4 millóns de parados que hai no país. Quizais non é unha medida teórico-empírica ou práctica pero, moralmente, é o que debe facerse.
Onde podo dicir que coincidimos (en parte) é en que o sistema necesita unha profunda reforma laboral pero máis que un cambio do modelo de contratación ou abaratamento do despido (como el defende), habería que ver a formación do empresariado. Neste sentido se carece dunha boa xestión empresarial, que produce que en épocas de auxe económico, con enormes marxes de beneficio, se pode amasar grandes fortunas. Pero onde realmente se ven os coñecementos empresariais son en épocas de vacas fracas, épocas de marxes pequenas ou negativas, cando o mais fácil é abandoar o timón e que o barco vaia sen rumbo.