A Asociación de Profesionais de Turismo Rural Lugo Sur quere captar turismo internacional e acaba de publicar dous videos en inglés sobre as excelencias do turismo e da gastronomía da Ribeira Sacra. Precisamente, nesta zona instalaronse nos últimos anos numerosos extranxeiros, sobre todo, ingleses, aínda que tamén hai franceses e alemáns. Soen ser xubilados que chegan a Galicia, a través de inmobiliarias especializadas na venta de casas restauradas para o mercado exterior como esta. Os estranxeiros que chegan aquí buscan tranquilidade e natureza e non se relacionan moito coa poboación local.
A maior parte deles chegaron con Galicia Paradise (www.galiciaparadise.com), de Ferreira de Pantón, que foi a empresa pioneira en traer estranxeiros a vivir na Ribeira Sacra. Todos os que eu sei, son británicos xubilados ou preofesionais liberais que gañaron o suficiante como para deixar de traballar moito antes da idade de xubilación.