Por GC Tendencias | Ourense | 21/12/2016 | Actualizada ás 15:00
O líder de Immaculate Fools, unha das bandas claves do pop dos anos 80, Kevin Weatherill, ofrecerá un concerto canda a súa nova banda, Dirty Ray, o día 30 de decembro en Ourense. As entradas xa están a veda en Ataquilla.com dende só dez euros. O concerto comezará as 22 horas no Pabellón dos Remedios da capital das Burgas.
Weatherill foi o principal cantante e compositor do grupo. Immaculate Fools comezou a andar en 1984. Sacou seis discos de estudio até 1997, pero foi en 1985 cando subiu a fama grazas ao seus sinxelo «Immaculate Fools» .
En 2016 Kevin Weatherill, reformou a banda. O artista segue gravando e tocando en directo, tanto no Reino Unido como na Europa continental, baixo o pseudónimo Dirty Ray. Na actualidade vive en Galicia e acompáñase con recoñecidos músicos do país, na súa maioría procedentes da escena do jazz galego como por exemplo o contrabaixista Paco Charlín, Álex Salgueiro no órgano e a baterista Naíma Acuña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.