Piñeiro: “Compromiso ten que ser o facho de ilusión dos galegos e galegas”

CxG elixiu novo secretario xeral no II Congreso Nacional celebrado este sábado en Teo.

Por Galicia Confidencial | Teo | 21/01/2017 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

O novo secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro, reivindicou que a formación galeguista "ten que ser o facho de ilusión dos galegos e galegas que creen no futuro do país".

Juan Carlos Piñeiro, no seu discurso de investidura como secretario xeral de Compromiso por Galicia
Juan Carlos Piñeiro, no seu discurso de investidura como secretario xeral de Compromiso por Galicia | Fonte: CxG.

Despois de ser elixido novo líder de CxG, Piñeiro Docampo manifestou que este partido "vai facer política con sentidiño, fiscalizando o labor das administracións e propoñendo solucións para os numerosos problemas de Galicia”. Estas foron as súas primeiras palabras como novo secretario xeral do partido, no II Congreso Nacional celebrado este sábado en Teo baixo o lema “Renovando o galeguismo. Nova organización. Novas accións”.

Os militantes tamén elixiron aos seus representantes no Consello Político Nacional, que estará formado por 30 persoas (15 homes e 15 mulleres). Ademais tamén se debateron varias emendas.

O secretario xeral saínte, Xoán Bascuas, deu lectura ao informe de xestión, que foi aprobado por unanimidade e arroupado polos aplausos dos asistentes.

O Congreso Nacional contou ademais coa presenza de José María Cazalis, senador e membro da executiva do Partido Nacionalista Vasco (PNV), con que CxG mantén unha estreita relación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

4 M.H.

Temos que manter a ilusión de que agrome outro nacionalismo que non sexa o da resistencia e o de meterse dentro desa marea para ser unha franquicia dun populismo un tanto pueril. Celebro que Compromiso siga adiante. Sorte, pois a tarefa non é sinxela.

1 Gamela

que agrome que agrome... e mentres tanto http://www.parlamentodegalicia.es/s... A deus rogando e co mazo dando...

3 Eu mesmo

Un ex do PSOE???. Marcho que teño que marchar!!!

2 Gamela

Pois mira tí por onde un dos problemas que ten a xente no inverno é que morre co FRÍO !!! Se tivesemos algo máis de sentidiño deixaríamonos de andar de Congresos e Votacións e faríamos algo polo benestar da nosa xente !!! http://www.parlamentodegalicia.es/s...

1 Montesío

Para iso hai que ter os votos no Parlamento de Galicia. Hoxe non os temos, apoio calquera iniciativa que eu vexa que vai nese sentido.

2 Gamela

e logo imos pasar 4 anos á sombra? existe algo que é facer OPOSICIÓN ou mellor seguimos no Tweeter facendo a Revolución? esta iniciativa ILP foi admitida a trámite pola Mesa do Parlamento o día 15 de novembro de 2016 // Alomenos que a tramiten na Comisión 6ª e que lle expliquen á xente que prefiren que morran co frío antes de quitarlles un peso ás ELÉCTRICAS !!! ou seguimos caladiños outros 4 anos?

1 E a alcaldía de Miño

Que lonxe parece xa a época na que o pequeno político reivincicaba a Compromís como a cuarta forza, cos tránsfugas e Terra Galega. Despois de sacar 0 votos no seu feudo de Vilar de Santos prolongan a agonía mantendo as siglas rexistradas. Cando lle conveña ao fillo de Cuiña usar outras xa nada.

1 O galeguista

Se os galegos queremos erguer un proxecto noso que desplace do poder na nosa terra a PP, PSOE e demais requitropa temos que animar e apoiar todas as iniciativas que empuxan nese camiño. Adiante Compromíso!!!!!

2 O galego

Pois de momento foi este do PSOE o que desprazou ao pequeno Bascuas da secretaría

3 Xanti

Hai que ser parv@ para dicir que o novo secretario desprazou a Bascuas cando Bascuas retirouse...

4 Paulaner

Bascuas te digo que quieto no se va a estar. Es listo, lo llevan dando por muerto muchos años y tiene su tropa.