Varias consideracións ao caso do señor Urdangarín e dona Cristina

NOTA DE PRENSA EN DIVERSOS MEDIOS: “URDANGARIN USÓ UNA ONG DE NIÑOS CON CÁNCER PARA LLEVARSE EL DINERO A PARAÍSOS FISCALES”. “URDANGARÍN Y TORRES SAQUEARON LA FUNDACIÓN PARA NIÑOS DISCAPACITADOS”. “Destinaron a fines sociales solo 9.800 de los más de 620.000 euros que recibieron en donaciones públicas y de empresas; el resto se lo embolsaron el duque y sus socios”.

Por Xaquin Campo Freire | Ferrol | 23/02/2017

Comparte esta noticia
 
VARIAS CONSIDERACIÓNS: 
 
1ª.  Estou facendo un voluntariado no cárcere. Coñézoo por dentro. A LEI NON É IGUAL PARA TODOS. Se así fose, moitos pobres homes e mulleres, pobres todos eles, sobre todo mulleres, (sei do que falo), non entrarían nesa "fábrica del llanto y telar de las lágrimas". Nin os fillos se criarían sen nais nin elas sen os fillos. Moitas delas, nestas si é verdade, que non "sabían nada". Non hai proporción entre unha persoa que usou unha tarxeta para dar de comer aos fillos, (e certamente usouna ilegalmente), e defraudar a unha ONG de nenos con cancro. Esta foi usada para defraudar. Que cousa tan contraditoria e malvada, non si? Non quixera tal na miña familia nin nos veciños do mundo enteiro. Que vergoña! De verdade desexo de corazón que vostede non soubese nada, dona Cristina. Polo menos así hai menos maldade. Poderanlle dicir que é unha inxenua pero non unha mala persoa. E iso é o meirande capital. A meirande nobreza. O mellor título.
 
2 ª. Os meus respectos máis sinceros para o señor xuíz Castro. Polo menos este mantívose na decencia da igualdade por riba dos acosos dos poderosos. Xa lle irán ao pelo. Tempo ao tempo.
 
 3ª.  O cárcere dos poderosos non é igual ca o dos pobres. Aínda estando nas mesmas celas e no mesmo patio. Nunca lle faltará a vostede unha tarxeta para telefonar ou os euros para o economato, para o café ou o tabaco. Cousas moi valiosas alí dentro. Axiña poderá facerse entrenador de balonmán, se é que accede a axudar a alguén desinteresadamente. Non coñezo a súa formación académica. Tamén por aí pode axudar á promoción humana dos internos.
 
4ª. Sempre terá os mellores avogados, cousa moi importante no cárcere. Nunca lle fallarán as visitas nin os vis a vis. E conste que non lle desexo o cárcere, que o temos que pagar entre todos e é  moi caro. E deixa marcas na alma. E sendo un ser humano non desexo unha xustiza vindicativa que neste caso foi ben branda para vostedes dous e as familias. 
 
5ª. Non que si son intransixente é en que devolvan todos os cartos. E pidan perdón aos nenos do cancro, que algún deles, ao peor, xa finou, E ás familias e tamén a cantos de boa vontade contribuíron. Perdón para cantos deixan as cellas para axudar a esas causas humanitarias e isto crea unha idea de que estamos a colaborar con "pillos", por ser suave. Xa oín algunha mala contestación de rabia aos colaboradores/as nas cuestación da rúa ou nos centros comerciais.
 
 6ª. Non lle desexo mal a súa familia "real". Pero penso, dona Cristina, que non ten dereito a repetir que cando saia deste asunto “pensa perder de vista este ingrato país”. Non, ALTEZA REAL, o pobo español non lle debemos nada. Pero vostedes a nós, tal vez si. Polo menos un bo trato. Cando vostede veu a Ferrol, a min fixéronme dar unha volta ben grande e chegar tarde ás miñas obrigas. O non por iso llo puxen no seu debe.
Agora están sufrindo. Síntome de verdade solidario na dor, pero tamén pido que na hora da xustiza sexan modélicos. Todos nos equivocamos. Pero vostedes teñen a obriga dun plus de EXEMPLARIDADE que vai incluído nos títulos e nas nóminas. Por certo, supoño que non serán mileuristas nin terán cláusulas "suelo" que lles impidan chegar a fin de mes. 
Algunha raíña, santa Isabel de Hungría, española ela, desviviuse polos pobres. E gastou a súa vida por eles. E tamén a súa sobriña, Santa Isabel de Portugal. Con todo respecto, señores, exemplos hainos.
 
8ª.  E unha cousa final: Aproveiten a dor para facer un cambio radical nas súas vidas. Déixense axudar por alguén experto en coaching espiritual persoal ou en relación de axuda liberadora. Sería un gran gozo velos ao final desta camiñada como persoas que están ao verdadeiro servizo dos más desfavorecidos. E vostedes serán máis felices e estarán  máis alegres.
 
Con todo o meu respecto, señores.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xaquin Campo Freire Nado en San Xiao de Roca-Guitiriz, Lugo, en 1937. Licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria por Roma. ATS-DUE. Experto Universitario en Enfermaría Comunitaria e tamén en Urxencias e Coidados Itensivos. Diplomado en Coidados Paliativos. Traballou de enfermeiro no Hospital Marcide de Ferrol e no PAC de Fene. Foi capelán da Residencia de Anciáns de Piñeiros-Narón. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e Director da Escola de Saúde e Centro de Escoita Activa “Mons. Araúxo”. Membro das Sociedades Española e Galega de Xeriatría, do consello de redacción da Revista “Encrucillada", da Asociación de Escritores en Lingua Galega e participou con ponencias en diversos Congresos. Ten escrito numerosos artigos relacionados coa saúde. Leva varios anos exercendo un voluntariado no Cárcer de Teixeiro (A Coruña). Ten dous libros escritos. 1) A viuvez na Pastoral da Saúde. Un estudo sobre da viuvez na Galiza. 2) Ese que está no cárcer é meu irmán. Sobre a vida dos nosos reclusos e as súas familias, sen esquecer o problema das vítimas.