É posible que BNG e Anova abran novas vías para a confluencia do nacionalismo?

Os portavoces de ambas as dúas forzas coinciden en falar de "portas abertas". Con todo, as estratexias políticas seguen distantes e a alianza de Anova cun partido estatal como Podemos en En Marea mantense como liña vermella para o Bloque.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/03/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Portas abertas". Esa foi a mensaxe na que coincidiron esta fin de semana os líderes do BNG e Anova para convidar a sumarse aos seus respectivos proxectos políticos. Pero ninguén da outra parte, de momento, acepta o convite. Ninguén renuncia ou cede na súa folla de ruta. Só palabras sen feitos. O nacionalismo galego segue buscando o xeito de integrar todas as sensibilidades e os seus dous bloques principais. 

Antón Sánchez, cabeza de lista da única candidatura para Anova
Antón Sánchez, cabeza de lista da única candidatura para Anova

Tanto a reelixida portavoz do BNG, Ana Pontón, como o futuro voceiro de Anova, Antón Sánchez, repetiron esta fin de semana que teñen as "portas abertas" nas novas xeiras que inician estas forzas, pero con matices que, de momento, son atrancos.

BNG

Pontón fíxoo no marco da XVI Asemblea Nacional do Bloque, na Coruña, onde a organización frontista naceu hai 35 anos. No Palexco coruñés, e ante un gran número de militantes e simpatizantes, a portavoz dixo que o BNG se atopa nun momento de "agrandar a base social do nacionalismo", polo que fixo fincapé en que o seu partido ten as "portas abertas" a todas aquelas persoas que "senten Galicia" e que pensan que a cidadanía galega merece "un futuro mellor"

Ademais, fronte ás recorridas aseveracións do poder democratizador das asembleas das mareas ou dos círculos de Podemos, Pontón exaltou o do BNG: "Somos unha organización asemblearia; a máis democrática do Estado español", dixo.

Asemblea Nacional do BNG con Ana Pontón
Asemblea Nacional do BNG con Ana Pontón

"Quen decide é a militancia e así ten que seguir sendo. A militancia é quen máis ordena no BNG", resolveu, xusto antes de facer fincapé en que o Bloque necesita facer do "diálogo" e da "unidade" a súa "carta de presentación" ante a cidadanía.

Nesa liña argumentativa, a voceira do BNG reivindicou o nacionalismo como a vía política necesaria para Galicia. Unha vía pola que, para o Bloque, non pode transitar a alianza de Anova con Podemos en En Marea, xa que malia que os morados veñen defendendo a plurinacionalidade no Estado español, os seus postulados e estrutura, con Madrid como centro de decisión e Pablo Iglesias como demiurgo do universo podemita, non son ben vistos no BNG, onde consideran que é necesario "soldar a unión de todos os galegos que pensamos que Galicia é unha nación. Galicia necesita máis que nunca o nacionalismo e non nos podemos permitir o luxo de fallar", resolveu Pontón.

O certo é que no BNG seguen mirando a Podemos como unha sorte de intruso na esfera nacionalista galega. Tanto, que o secretario de Comunicación do Bloque, Rubén Cela, recordou tamén esta fin de semana que unha das cuestións fundamentais é que en "Galicia ten que seguir existindo unha expresión política propia do nacionalismo sen ningún tipo de atadura con ningún ámbito estatal", así como que o nacionalismo "só se deba ao pobo galego", en clara referencia á presenza de Podemos en En Marea, que segue sendo un dos principais atrancos para achegar posturas entre as dúas partes.

Ao respecto, Pontón tamén recordou no seu discurso de clausura da da XVI Asemblea Nacional que "había persoas que propuñan retirarse aos cuarteis de inverno, pensando que o barco [o BNG] non estaba para navegar, outras propuñan buscar un remolcador [en referencia a En Marea] que levase o barco ao despezamento. Nin retirado, nin despezado. Con iniciativa e impulso está hoxe o BNG", trasladou ao auditorio.

Así, a líder do Bloque  lanzou unha mensaxe a aqueles que "desde fóra e desde dentro" daban por "morto e enterrado ao BNG". "En pé, forte e unido, loitando por Galicia, actuando na sociedade, con iniciativa política. Aquí está o BNG", deixou claro durante o seu discurso.

Polo tanto, portas abertas, pero só a quen queira sumarse a un proxecto cento por cento nacionalista e autónomo, sen render contas a Madrid nin a órganos políticos externos. Esta política de "portas abertas" do BNG levará aparellado tamén "corrixir o que haxa que corrixir" para obter maior apoio social e electoral.

ANOVA - EN MAREA

Pola súa banda, o próximo portavoz de Anova, Antón Sánchez, asegurou esta fin de semana que En Marea ten tamén as "portas abertas" a "ampliar a unidade co BNG". Porén, subliñou que mentres as apostas estratéxicas de ambas as forzas "non coincidan", En Marea aposta pola "colaboración" coa organización frontista, que, ao seu xuízo, defende uns obxectivos "moi parecidos" aos seus, pero, con todo, segundo Sánchez, escolle un camiño "diferente".

Sobre unha posible reunión con Ana Pontón, Sánchez destacou a necesidade de "establecer dialogo" co Bloque: "Como mínimo, ter unha actitude de colaboración", defendeu, pois a cidadanía, sostén, "percibe que a alternativa ao PP é plural".

Con todo, o clima de unidade que se vive no BNG contrasta coas leas internas e diversos problemas que se están a vivir no universo das mareas e das forzas que as compoñen. Un exemplo foi a rifa e os empuxóns que protagonizaron os mozos da organización Xeira na Asemblea de Anova hai unha semana; outro é a marcha do ex-deputado de AGE David Fernández Calviño, que deixou Anova debido á súa "decepción" coa situación interna de En Marea. Pero, sobre todo, afecta a situación de bloqueo que vive o Consello das Mareas, denunciada por diversos membros deste órgano de dirección, que chamaron a "desbloquealo" e acabar con esta situación de "inacción" e "pasividade" que se vive dende o pasado 5 de febreiro, cando tivo lugar a última xuntanza.

Malia todo isto, Antón Sánchez considera que o que sucede en En Marea "haino que tomar con certa normalidade". Neste sentido, referiuse ao nacemento de Anova o 14 de xullo de 2012 para comparar o mapa político de entón e o actual. "Agora vemos que se produciu un cambio extraordinario", aseverou, para logo argumentar que este cambio "non se pode producir sen friccións, conflito e debate". "Estou disposto a seguir pelexando nese campo da incomodidade", asegurou.

Así as cousas, queda agora por ver se as "portas abertas" do BNG e de Anova se concretarán en reunións e acordos que leven a medio prazo a unha confluencia, se a vía será a da colaboración mediante acordos puntuais ou se seguirá a división do nacionalismo galego progresista. De momento, esas portas non semellan tan abertas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

9 nostrus

O nacinalismo que faga o que queira que de nada lle vai valer porque xogan cas cartas marcadas e véselle o farol. Os nacinalismos en España por moito ruido que fagan son residuales, non representan mais co 2-3% da sociedad e si fan tanto ruido e porque estan sobrerepresentados. Precisanse partidos comprometidos co benestar das personas, con ideas para aportar solucions. A faciana do nacinalismo galego é a deslealdade co resto de compatriotas e eso non pode ser ningunha garantia para Galicia porque o que é desleal é desleal e punto, hoxe é desleal cosespañoles non galegos e mañá sera entre os galegos. O que é cabron con unhos remata sendo cabron con todo o mundo

1 maruxinha

Mira Rafa, ti es un desertor e un acomplexado por ser de aldea. Pero afortunadamente as galegas e os galegos estamos orgullosas de ser de aldes, de vila ou de cidade. Vaite para Madrid donde pasache od teus anos mozos e tanto estranas.

8 Alberte

Se calhar El Amado Líder já não vos quer. Levai ao Vence de Avión, preeiros!

7 Agetas das targetas

Cos malleirantes nin a tomar un viño. Son xente tóxica e vndida ao expañol.

6 límico

O BNG está co noso País, con Galiza. Con quen están os outros que se dín nacionalistas galegos?. No BNG cabemos todas e todos, quen queira vir únicamente debe ter moi claro de que bando está. Non se pode adorar a Deus e ao Demo ao mesmo tempo.

5 observadora

O BNG só pacta con partidos españois a cambio de empregos nas institucións. Fai ben. Como fai ben en seguir coa política de subvencións á prensa que tan bos resultados leva dado á presunta esquerda e á presunta liberdade de expresión, claroquesí.