SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2017 | Actualizada ás 19:27 por EUROPA PRESS
Catro persoas resultaron feridas este mércores nunha colisión entre dous vehículos na A-8, á altura do municipio lucense de Mondoñedo.
Segundo informa o 112 Galicia, o accidente produciuse no quilómetro 538 da autovía, en sentido Lugo, e un dos vehículos implicados no sinistro envorcou. Os catro feridos foron evacuados a un centro hospitalario.
Varias persoas deron aviso ao 112 sobre as 17,30 horas desta tarde. Foron avisados Urxencias Médicas, Bombeiros de Barreiros, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico.
Foi necesario cortar os dous carrís da autovía en sentido Lugo. O tráfico foi desviado por unha saída próxima e os vehículos reincorpóranse á A-8 un quilómetro máis adiante.
Por outra banda, un choque múltiple despois das 15,00 horas en Oleiros, na Avenida Ernesto Che Guevara, entre tres coches saldouse cunha persoa ferida. A vítima foi evacuada polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.