Beiras advirte a Yolanda Díaz que “non está lexitimada para criticar”

Recoméndalle "revisar cal foi o seu comportamento en En Marea". Considera, ademais, que se en 2012 o BNG chega a integrarse no que foi AGE "seguramente Feijóo perdería as eleccións".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2017 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

O histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras, membro da coordinadora de Anova e integrante do Consello de En Marea, advertiu a Yolanda Díaz, deputada no Congreso, que "non está lexitimada para criticar" e recomendoulle "revisar cal foi o seu comportamento na formación" do partido instrumental e na mesa de coordinación nas Cortes.

Xosé Manuel Beiras, na Radio Galega
Xosé Manuel Beiras, na Radio Galega | Fonte: Europa Press

Nunha entrevista na Radio Galega, un día despois de que Díaz anunciase que deixará a coordinación de Esquerda Unida e reprobase falta de inclusión na Coordinadora de En Marea, Beiras avogou por facer autocrítica nun contexto no que "ninguén" o fai noutras formacións e iso "úsase" contra eles, ao seu xuízo, para enchelos "de merda".

Como exemplo puxo o goberno de Compostela Aberta en Santiago, con Martiño Noriega á fronte da Alcaldía. Para Beiras, se os novos procesos políticos están a ser traumáticos é "porque están a ser acosados por todas partes".

Ao seu xuízo, así, os conflitos internos que vive En Marea son propios dunha formación "aínda en xestación". Neste sentido, sinalou dous dilemas: decidir "se é unha nova expresión de unidade popular e non de coalición de partidos, e se vai ser un suxeito político galego".

Neste sentido, considerou que existe un conflito de intereses coa visión centralista de Podemos, xa que, na súa opinión, "o único que ten unha idea clara respecto da liberdade de decisión dos pobos é Pablo Iglesias". Con todo, matizou que "entre os actuais dirixentes, algún e algunha máis".

OUTROS ASUNTOS

Sobre outros asuntos, Beiras apuntou á postura do BNG respecto de posibles coalicións: "Se en 2012 chega a integrarse no que foi AGE, chamásese así ou doutra forma, seguramente Feijóo perdería as eleccións", especulou.

En canto aos casos de corrupción, lembrou que a maior parte do Goberno de Aznar está investigado e foi máis aló ao afirmar que "se un político se presentase ás eleccións cun programa e logo fai o contrario", iso, para el, "tamén é corrupción".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

12 Androide

Beiras tamén dixo que Yolanda Días non ten "lexitimación" para criticar a deriva de En Marea porque é unha traidora, a primeira que o "traicionou".

11 Bng españois

Feijóo gañou en 2009 pola nefasta xestión do Bng no bipartito nacional-socialista. Sobretodo co corrupto Blanco e o inútil Suárez Canal vendendo os sectores produtivos de Galiza desde Industria e Medio Rural. Volveu gañar Feijóo en 2012 pola baixada do Bng e a súa negativa a entrar nunha candidatura unitaria da esquerda. E en 2016, o mesmo. O mellor aliado do Pp feijoano é o Bng pontoniano.

1 Kollontai luguesa

Non gañou pola pinza que fixestes vos coa dereita e certos medios. Sen ser perfecto o bipartito foi o mellor goberno que tivemos. Vos non queredes que o bloque entre so queredes os seus votos . O colmo da vosa incapacidade e que non asumades os vosos erros e culpedes ao bloque e so bipartito. Por certo mon deberiades cargsr tanto contra EU porque foi quen puxo o traballo xa que o voso son as predicas baratas de cafeteria.

2 nostrus

Kollontai luguesa, non entendo porque che pode gustar tanto o RNG. Non te das conta de que o bloque non é un partido político, tan só é unha secta adicada a evanxelizar a poboacion para que se comporte dun determinado xeito e que os galegos fagan a sua vida sin sairse da cultura, pretenden covertir a Galicia nun inmenso convento. Ademais non son tan partidarios da cultura como din, sinon que a pineiran para quedarse só coa cultura que lles gusta a eles e rexeitando o resto, odian ao que lles parece extraño sin decatarse que ese odio tamen vai dirixido a parte do que nos é propio. Reflexiona e espabila.

3 Obrasonamores

Dúas cousas: Á parte de ver aquí aos que din que o BNG é españolista (discurso para alonxalo dos galegos nacionalistas), vése o ben que se leva ese discurso (e non é a primeira vez) co discurso da ultradereita levado por nostrus: Se alguén quere probas do que é o nacionalismo español que olle aquí e vexa ben. A segunda cousa, xa contigo nostrus, ten que ver co que se di e o que se fai: O BNG amosou que donde goberna o fai ben...¿e os vosos qué demostraron ? Os do BNG non son totalitarios coma vos; nin andan todo o día nas redes falando parvicies, coma vos; nin son ineptos, como os vosos. Son feitos non "pataletas" nin oratoria, coma as vosas.

4 Kollontai luguesa

Por suposto que coinciden nos discursos: son o recambio das dúas alas do poder centrista-centralista-centrado. As Mareas e os podemitas son os aspirantes a converterse no novo PSOE. Eles foron fundamentais para que nada cambiase. E que é tan evidente que non entendo coma se pode negar.

10 Eu mesmo

Que lle monte á Yoli un "Galiza non se vende" e él lidere a manifa polas rúas de Compostela. Ah, non, que xa o fixo contra o bipartito e deixou de facelo cando Feijoo gañou al eleccións e Galicia xa deixou de venderse. Manda c_r_lh_!!!.

1 Androide

Natural, agora Galiza xa está vendida e Beiras e cia. están moi ocupados nas súas interminables loitas internas.

9 Isidro

Grande labor de Yolanda Díaz no Concello de Ferrol: http://www.lavozdegalicia.es/notici...

8 Frouxeira

En Ferrol coñecen ben as malas artes de Yolanda Díaz. Para ela todo é de usar e tirar e sempre no seu propio beneficio e na súa desmedida ambición. Nada que ver co seu pai Xesús Díaz.

1 Kollontai luguesa

E logo Beiras, tan intelixente el descoñecíao? Veña, que non todos somos parvos. Tal para cual y... Moitos sabiamos que este momento había de chegar, avisámolo e ninguén nos quixo oír. Agora, se fose tan mesquiña coma moitos alegraríame, pero non podo. Todo isto provocame fastío e máis ganas de chorar que de rir. Era visto, pero había que desfacer ao bloque aproveitándose da vaidade e narcisismo dalgúns personaxes. Beiras aínda ten a oportunidade de facer algo por salvar a desfeita que contribuiu a ocasionar: promover a unión do nacionalismo galego. Foi moito o dano feito, pero e hora xa de comezar a curalo.

2 Kollona é Kollón

Desde que o Kollonona Nefelibato se delatou, está desatado. Até quere resucitar o nacionalismo galego que o seu Bng liquidou. Pobre.

3 anonimo

Ti sempre tan reflexivo e aportando argumentos. Conviñache relaxarte. Que tal se te das unha volta no busiño ese de Madrid.