Beiras advirte a Yolanda Díaz que “non está lexitimada para criticar”

Recoméndalle "revisar cal foi o seu comportamento en En Marea". Considera, ademais, que se en 2012 o BNG chega a integrarse no que foi AGE "seguramente Feijóo perdería as eleccións".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2017 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

O histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras, membro da coordinadora de Anova e integrante do Consello de En Marea, advertiu a Yolanda Díaz, deputada no Congreso, que "non está lexitimada para criticar" e recomendoulle "revisar cal foi o seu comportamento na formación" do partido instrumental e na mesa de coordinación nas Cortes.

Xosé Manuel Beiras, na Radio Galega
Xosé Manuel Beiras, na Radio Galega | Fonte: Europa Press

Nunha entrevista na Radio Galega, un día despois de que Díaz anunciase que deixará a coordinación de Esquerda Unida e reprobase falta de inclusión na Coordinadora de En Marea, Beiras avogou por facer autocrítica nun contexto no que "ninguén" o fai noutras formacións e iso "úsase" contra eles, ao seu xuízo, para enchelos "de merda".

Como exemplo puxo o goberno de Compostela Aberta en Santiago, con Martiño Noriega á fronte da Alcaldía. Para Beiras, se os novos procesos políticos están a ser traumáticos é "porque están a ser acosados por todas partes".

Ao seu xuízo, así, os conflitos internos que vive En Marea son propios dunha formación "aínda en xestación". Neste sentido, sinalou dous dilemas: decidir "se é unha nova expresión de unidade popular e non de coalición de partidos, e se vai ser un suxeito político galego".

Neste sentido, considerou que existe un conflito de intereses coa visión centralista de Podemos, xa que, na súa opinión, "o único que ten unha idea clara respecto da liberdade de decisión dos pobos é Pablo Iglesias". Con todo, matizou que "entre os actuais dirixentes, algún e algunha máis".

OUTROS ASUNTOS

Sobre outros asuntos, Beiras apuntou á postura do BNG respecto de posibles coalicións: "Se en 2012 chega a integrarse no que foi AGE, chamásese así ou doutra forma, seguramente Feijóo perdería as eleccións", especulou.

En canto aos casos de corrupción, lembrou que a maior parte do Goberno de Aznar está investigado e foi máis aló ao afirmar que "se un político se presentase ás eleccións cun programa e logo fai o contrario", iso, para el, "tamén é corrupción".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

7 comunista independentista

Blocallada ladrando as súas frustracións e desafogando os seus traumas infinitos. Nada novo, todo vello. Circulen.

1 Común insta

Comunista pederasta negando o evidente e defendendo o indefendible, a culpa de que Yolanda e o resto traicionasen a Beiras é do BNG por suposto, a culpa das leas internas da Marea tamén, as labazadas que repartiron en Anova tamén... Nada todo traumas da blocallada.

2 Kollontai luguesa

E ti quen es para mandarnos aos demais circular. Ademais iso xa esta moi visto ho... A ver se es mais orixinal komunista dependentista.

3 Chovito, el deseado

Chovito, és um pastram.

6 Currante

Preferiches darlle o goberno a Feijóo que caer na irrelevancia política e recoñecer os teus erros, non contento con iso levachenos por unha travesía que non tiña máis final que morrer no deserto, unha das figuras máis importantes do nacionalismo galego é acabar sí. Primeiro defendiches que era necesario tomar as decisións en Galicia e cando non che veu ben vendecheste e defendiches unha unión coa esquerda española de calquer maneira.

1 Kollontai luguesa

Tes moita razon pero non deixa de ser triste. Inda poderia facer algo para amosar que quen tivo retivo: posibilitar a union do nacionalismo.Que grande seria este home se non fose tan egocentrico e soubese recoñecer os seus erros. E que conste que no de Yolanda non creo que erre. Beiras ti podes ainda volver a unir aos irmans. Formemos unha nova irmandade.

5 Kollontai luguesa

E este señor cando vai facer el autocritica? Ai non que el esta por riba do ben e do mal. El e Pablo, claro. O do bloque xa o deixarei para comentar noutra ocasion porque so haberia que lembrar as actuacions deste señor nos ultimos meses do agonico bipartito e o show da ruptura para decatarse de canto hai de autoxustificacion. Tanto egocentrismo e francamente insufrible. Magoa de seudoprogresia caviar.

4 xacobe

Pois menos mal que non se integrou nesa casa de tolos.

3 Trabúcaste Xosé

Se Beiras non chega intentar rebentar o BNG antes de 2012 Feijóo perdería as eleccións. Pero Beiras non recuperaría a acta de deputado.