Beiras advirte a Yolanda Díaz que “non está lexitimada para criticar”

Recoméndalle "revisar cal foi o seu comportamento en En Marea". Considera, ademais, que se en 2012 o BNG chega a integrarse no que foi AGE "seguramente Feijóo perdería as eleccións".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2017 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

O histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras, membro da coordinadora de Anova e integrante do Consello de En Marea, advertiu a Yolanda Díaz, deputada no Congreso, que "non está lexitimada para criticar" e recomendoulle "revisar cal foi o seu comportamento na formación" do partido instrumental e na mesa de coordinación nas Cortes.

Xosé Manuel Beiras, na Radio Galega
Xosé Manuel Beiras, na Radio Galega | Fonte: Europa Press

Nunha entrevista na Radio Galega, un día despois de que Díaz anunciase que deixará a coordinación de Esquerda Unida e reprobase falta de inclusión na Coordinadora de En Marea, Beiras avogou por facer autocrítica nun contexto no que "ninguén" o fai noutras formacións e iso "úsase" contra eles, ao seu xuízo, para enchelos "de merda".

Como exemplo puxo o goberno de Compostela Aberta en Santiago, con Martiño Noriega á fronte da Alcaldía. Para Beiras, se os novos procesos políticos están a ser traumáticos é "porque están a ser acosados por todas partes".

Ao seu xuízo, así, os conflitos internos que vive En Marea son propios dunha formación "aínda en xestación". Neste sentido, sinalou dous dilemas: decidir "se é unha nova expresión de unidade popular e non de coalición de partidos, e se vai ser un suxeito político galego".

Neste sentido, considerou que existe un conflito de intereses coa visión centralista de Podemos, xa que, na súa opinión, "o único que ten unha idea clara respecto da liberdade de decisión dos pobos é Pablo Iglesias". Con todo, matizou que "entre os actuais dirixentes, algún e algunha máis".

OUTROS ASUNTOS

Sobre outros asuntos, Beiras apuntou á postura do BNG respecto de posibles coalicións: "Se en 2012 chega a integrarse no que foi AGE, chamásese así ou doutra forma, seguramente Feijóo perdería as eleccións", especulou.

En canto aos casos de corrupción, lembrou que a maior parte do Goberno de Aznar está investigado e foi máis aló ao afirmar que "se un político se presentase ás eleccións cun programa e logo fai o contrario", iso, para el, "tamén é corrupción".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

2 Ghosé Manuel Solidariedade

É evidente que o único lexitimado para criticar é o Criticón Beiras, o autocriticador e criticador experto, e non Procesiones, aínda que a empufada IU de Procesiones, que non pagaba a Seguridade Social e tivo sedes embargadas na época das Black, fose a que pagase a campaña de AGE. http://elpais.com/diario/2008/09/13...

1 RAMIRO DE YOLI

Cando dará explicacións Yoli Procesiones, sobre a actuación do seu asesor personal do Parlamento Galego e que fora asesor dela no Concello de Ferrol?