Por Galicia Confidencial | Santiago | 13/04/2010 | Actualizada ás 18:13
Manuel Gómez, productor do programa 'Reporteiros', e o coñecido xornalista e redactor dese mesmo programa, Manuel Pampín, chegaron este martes ás mans logo de protagonizar unha acalorada discusión na redacción.
Segundo as fontes consultadas por GC, a discusión comezou cando Gómez rexeitou a petición de Pampin que reclamara unha cámara para ir a gravar imaxes para unhas das reportaxes deste programa. Entón deu inicio a unha discusión cun intercambio de duros reproches que acabou en empuxóns, con Pampín cun rabuñazo e co ex xefe de Producción, Daniel Piñeiro, cun golpe propinado por Gómez mentres tentaba separar aos dous profesionais.
"discusión normal"
Se algúns dos implicados denuncia a situación, a dirección da TVG podería abrir sendos expedientes por comportamentos graves na empresa. Dase a circunstancia de que, de abrir estas dilixencias, a directora da TVG tería que sancionar ao seu home. Con todo, probablemente a discusión non pasará a máis porque ningún dos implicados está interesado en dar "máis propaganda" ao que consideran unha "discusión normal" de traballo. Tampouco ningún dos dous pediu a mediación dos sindicatos da CRTVG. "Discutimos por unha cuestión de operatividade diaria pero aos dez minutos xa estabamos sentados os dous un fronte ao outro, coma sempre", apunta Pampín a este medio. O programa Reporteiros está dirixido por Manolo Maceiras, que esa tamén casado coa directora de informativos, Pilar Bermúdez.
"Guerra civil"
Xornalistas da TVG consultados aseguran que a situación na CRTVG está "moi tensa" e o incidente de hoxe non é máis que a "expresión desa tensión". "O caos da nova dirección e a incertidume das oposición están creandoun caldo de cultivo que pode acabar nunha autentica guerra civil", apuntan.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.