O cumio de Lugo contra a droga

Máis de 250 autoridades de Europa, América Latina e o Caribe participarán no Cumio de Alcaldes, Alcaldesas e Cidades sobre drogas que se vai celebrar en Lugo do 21 ó 23 de abril.

Por José L. Orozco | Santiago | 18/04/2010

Comparte esta noticia

Temos a esperanza que o Cumio de Lugo remate cun comunicado conxunto que reflicta a unión de Latinoamérica e Europa na loita contra a droga. É necesario que os que estamos unidos en contra da droga a un e ó outro lado do Atlántico traballemos en rede, para que cada día os narcotraficantes teñan máis claro que enfronte teñen unha rede formada por autoridades e familias.

A proxección que vai ter a cidade durante a celebración do cumio, que terá repercusións tamén económicas pola ocupación que haberá nos hoteis de Lugo durante eses días, vai ser importante e por iso hai que salientar a importancia de que Lugo sexa sede dun cumio internacional no que participarán, ademais de alcaldes, membros da xudicatura, formadores e das forzas de seguridade. No cumio haberá presencia de varios organismos internacionais como a OEA e o Banco interamericano de Desenvolvemento e virán a Lugo representantes de 40 países.

O encontro, que se vai desenvolver no Pazo de Feiras e Congresos, será inaugurado o día 21. No acto de apertura, ademais participarán o Embaixador en Misión especial para Coordinación de Asuntos Iberoamericanos Ricardo Peidró, en representación da Presidencia española da Unión Europea; o Secretario de Seguridade Multidimensional da Organización dos Estados Americanos, Alexandre Addor-Neto; o representante do Banco Interamericano de Desenvolvemento, Gustavo Béliz; Carmen Moya, da Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas; o Secretario Xeral Adxunto da Dirección de Desenvolvemento Humano e Social e o presidente da Deputación provincial, Xosé Ramón Besteiro, e o Presidente da Femp, Pedro Crespo.

Na primeira xornada está programada unha conferencia maxistral sobre Políticas baseadas en evidencia científica, que será moderada pola Intendenta da Cidade de Montevideo e da que será ponente o Presidente do Instituto de Drogas e Toxicodependencias de Portugal. Despois intervirá o Fiscal Xefe da Audiencia Nacional, Javier Zaragoza, na conferencia maxistral “As drogas baixo o enfoque da seguridade cidadá”.

Para a tarde están previstas varias sesións simultáneas que tratarán temas como “O papel dos gobernos locais na prevención do consumo do alcohol e outras drogas”, que contará coa participación do Alcalde de Lugo, o Intendente de S. Miguel de Tucumán (Arxentina), o Alcalde de Peñalolén (Chile) e o Alcalde de Carabaña que tamén é vocal da FEMP.

O Fiscal antidrogas de Galicia e o Fiscal Xefe do Estado de Río de Xaneiro participarán noutra sobre “A resposta dos servizos de saúde ó tratamento para infractores dependentes de drogas”. Outra das sesións tratará sobre “O tratamento por dependencia de drogas en prisións” e contará coa participación da Alcaldesa de Xixón e o Director da Autoridade de seguimento e prisións de Goteborg (Suecia).

A organización do Cumio conta cunha páxina web www.cumbrelugo.org na que se informa de todo o relacionado con este Encontro internacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Clemente López Orozco naceu nunha familia humilde e traballadora. Marchou estudar Filosofía e Letras a Salamanca e fixo os cursos de doutoramento na Universidade de Santiago. Está casado e ten dúas fillas. Di que os seus amigos lle chaman Pepe, os alumnos (é profesor en excedencia no instituto lugués Lucus Augusti) chamábanlle Aristóteles. E debe ser porque é moi bo orador. E falador tamén, se lle pides que se defina nunha soa palabra, emprega tres. Considera que é bo amigo (os seus amigos confirman este dato), traballador (tamén confirmado) e un namorado de Lugo. Isto último queda patente se falas dous minutos con el. No seu tempo libre pasea pola cidade, é doado atopalo pola Praza Maior ou na Praza do Campo, di que esa é unha zona que lle trae moi bos recordos, por alí saía cos amigos. Orozco é un home sinxelo, tal e como aparenta. Os que o critican, din que é populista e para el é un orgullo que o consideren defensor dos intereses e aspiracións do pobo. Estar coa xente e traballar conxuntamente por mellorar a súa cidade, Lugo, é o seu soño. Cando Lugo mellora el é feliz. Por iso recoñece que está contento e tranquilo, traballa no que lle gusta e iso manteno ilusionado na política. Di que a súa maior preocupación neste momento é a difícil situación económica que atravesamos a nivel mundial, polo que non deixa de traballar para conseguir que os lucenses perciban o menos posible os efectos desa crise. Para o Alcalde de Lugo a cidade mellorou en múltiples aspectos e iso, di, débese ao traballo conxunto de todos os lucenses. Orozco ademais é un amante das novas tecnoloxías, o ordenador e calquera medio de comunicación coa xente da rúa é benvido no seu día a día. É un amante da liberdade de expresión, quere que a xente diga sempre o que pensa, esa é unha regra inamovible na súa vida. Ri e chora coa mesma facilidade e vive a política coa relaxación que lle da a experiencia. O que non entende é que algúns políticos empreguen a estratexia da mentira para desprestixiar ao contrario. Di que el nunca foi así, sempre tratou de atopar algo bo na oposición. Gústalle que a xente o vexa como unha persoa próxima, así é el, e di que só promete aquelo que pode facer, por iso fai o que promete. "Non está todo feito" -repite sen parar- "por iso traballo sempre con ilusión, para seguir avanzando nun Lugo mellor, moderno e con igualdade de oportunidades para todos os seus veciños e veciñas". Forza e ilusión non lle faltan. O seu blog