Por José L. Orozco | | 31/05/2010
Ven a conto o que digo xa que hai un tempo que estou a oír que unha das causas da crise que existe hoxe foi o chamado Plan Zapatero, que, como se sabe, puxo en mans dos Concellos de España, de TODOS os Concellos de España - independentemente das siglas que representasen os seus Alcaldes e Alcaldesas - a importante cifra de 13.000 millóns de euros para investir nas necesidade que tivesen en cada un dos concellos.
Baixo o meu punto de vista gracias a esa confianza nos Concellos solucionáronse moitos problemas que de outro xeito tardaríanse anos en darlles solución e creáronse dotacións e equipamentos necesarios para os veciños. En Lugo hoxe en todas as Parroquias da zona rural non habería pistas de aglomerado en quente ou non teríamos arranxado o parque de FRIGSA ou non teríamos feitos os aparcamentos diante do campo de fútbol do Anxo Carro ou a escola infantil de Montirón-Sanfiz. E así ata 79 obras. E quedan as do Plan Zapatero deste ano.
Pero ademais preto de mil persoas traballaron nesas obras e empresas de Lugo tiveron a oportunidade de ter carga de traballo e non ter a necesidade de desaparecer. E volvo repetir e moitos veciños ver asistidos os seus dereitos e moitas necesidades cubertas.
Como se pode utilizar a demagoxia de por como causa da crise eses investimentos? Como se pode dicir que só se fixeron beirarrúas?Como se pode por en solfa a intelixencia dos cidadáns de España que se benefician desas obras?. A demagoxia é a corrupción da democracia. Temos que defendernos dela, da demagoxia, claro!