A protección do Parque

O Parque Rosalía de Castro é unha obra emblemática de un bo Alcalde que tivo esta cidade: D. Ángel López Pérez.

Por José L. Orozco | Lugo | 10/05/2010

Comparte esta noticia

Como ser vivo que é sufriu ao longo destes case cen anos de existencia o paso do tempo e por iso as distintas enfermidades que atacaron ás árbores ou a propia lei da natureza da “selección natural” que fixo que en distintos ciclóns morrera algún deles. Outras foron intervencións humanas pouco afortunadas e outras, a que está máis de actualidade, un uso non apropiado para un lugar tan emblemático como o parque o ser utilizado como “botellódromo” con todas as consecuencias que coñecemos.

O Parque necesita unha protección urxente e ademais de algunhas obras de rehabilitación como foi a recuperación da Pérgola, o Goberno que presido fixo un Plan Director que se encargou a prestixiosos e moi competentes profesionais de Galicia no campo da Botánica, da Arquitectura e da Historia da Arte como son o Profesor Rigueiro, D. César Portela e D. Adolfo de Abel Vilela. A finalidade estaba clara: estudiar tecnicamente a situación actual do Parque e precisar que proxectos eran necesarios para facer que o parque durarse como mínimo outros cen anos máis e facer intervencións medidas e tecnicamente sostibles. O custo aproximado de todas as accións é de 4.500.000 €.

Con segundo Plan Zapatero íamos emprender algunhas desas accións. Unha delas era facer unha protección externa do parque, como teñen outros moitos parques de España e do mundo, seguindo o modelo xa deseñado no comezo polos seus autores e que levaría un enreixado para impedir o paso a partir de determinadas horas da noite co fin de evitar as consecuencias graves do “botellón” ou de outras posibles agresión a unhas horas, ás da noite, nas que o parque ten unha nula ou escasa concorrencia. O proxecto foi feito por un dos mellores arquitectos galegos, de fama internacional, D. César Portela.

A semana pasada o proxecto pasou pola Comisión Provincial de Patrimonio da Xunta de Galicia. Non entraron no proxecto: non se trata de modificar en esto ou aquelo o proxecto. Non. Non queren que o parque de protexa externamente. Ese é o seu criterio. Unha vez máis atopamos con un criterio que non compartimos, por moita unanimidade que tiveran, e por iso recorreremos a todas as instancias posibles cando recibamos a resolución correspondente.

E mentres tanto?. Seguiremos empregando os cartos do II Plan Zapatero en dar cumprimento o que se di no Plan Director co fin de protexer unha obra emblemática da nosa cidade: O Parque Rosalía de Castro. Que se me esquecía, e parte do diñeiro que íamos empregar no enreixado tamén.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Clemente López Orozco naceu nunha familia humilde e traballadora. Marchou estudar Filosofía e Letras a Salamanca e fixo os cursos de doutoramento na Universidade de Santiago. Está casado e ten dúas fillas. Di que os seus amigos lle chaman Pepe, os alumnos (é profesor en excedencia no instituto lugués Lucus Augusti) chamábanlle Aristóteles. E debe ser porque é moi bo orador. E falador tamén, se lle pides que se defina nunha soa palabra, emprega tres. Considera que é bo amigo (os seus amigos confirman este dato), traballador (tamén confirmado) e un namorado de Lugo. Isto último queda patente se falas dous minutos con el. No seu tempo libre pasea pola cidade, é doado atopalo pola Praza Maior ou na Praza do Campo, di que esa é unha zona que lle trae moi bos recordos, por alí saía cos amigos. Orozco é un home sinxelo, tal e como aparenta. Os que o critican, din que é populista e para el é un orgullo que o consideren defensor dos intereses e aspiracións do pobo. Estar coa xente e traballar conxuntamente por mellorar a súa cidade, Lugo, é o seu soño. Cando Lugo mellora el é feliz. Por iso recoñece que está contento e tranquilo, traballa no que lle gusta e iso manteno ilusionado na política. Di que a súa maior preocupación neste momento é a difícil situación económica que atravesamos a nivel mundial, polo que non deixa de traballar para conseguir que os lucenses perciban o menos posible os efectos desa crise. Para o Alcalde de Lugo a cidade mellorou en múltiples aspectos e iso, di, débese ao traballo conxunto de todos os lucenses. Orozco ademais é un amante das novas tecnoloxías, o ordenador e calquera medio de comunicación coa xente da rúa é benvido no seu día a día. É un amante da liberdade de expresión, quere que a xente diga sempre o que pensa, esa é unha regra inamovible na súa vida. Ri e chora coa mesma facilidade e vive a política coa relaxación que lle da a experiencia. O que non entende é que algúns políticos empreguen a estratexia da mentira para desprestixiar ao contrario. Di que el nunca foi así, sempre tratou de atopar algo bo na oposición. Gústalle que a xente o vexa como unha persoa próxima, así é el, e di que só promete aquelo que pode facer, por iso fai o que promete. "Non está todo feito" -repite sen parar- "por iso traballo sempre con ilusión, para seguir avanzando nun Lugo mellor, moderno e con igualdade de oportunidades para todos os seus veciños e veciñas". Forza e ilusión non lle faltan. O seu blog