Érase unha vez un país de coña

O Sr. Rodríguez, Presidente do Goberno e Secretario Xeral do PSOE anunciou, entre outras medidas de redución do déficit público para loitar contra a crise, a conxelación das pensións contributivas.

Por Manuel G. Antón | Fene | 20/05/2010

Comparte esta noticia

Case ao mesmo tempo, a Sra. María Concepción López, Concelleira de Benestar Social, Muller, Xuventude, Solidariedade e Festas do Concello de Ferrol, integrada no grupo socialista, debemos de entender que dentro das medidas para relanzar a economía e para mellorar as condicións físicas dos cidadáns cara a soportar o “reparto solidario” do esforzo que se lles demanda pola Presidencia do Goberno, anuncia a celebración na Casa da Xuventude de talleres de danza do ventre.

Alguén, coma sempre, apuntará o do chocolate do loro. Tamén e verdade, pero non sei que imos facer con tanto loro diabético e obeso.

Efectivamente, Sr. Rodríguez, parafraseando as súas verbas, moitos cidadáns non entendemos nin isto, nin o outro, nin o outro mais …

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Guillermo Antón Villamil Naceu en Ferrol en 1957, aínda que a súa vida sempre estivo ligada ao Concello de Fene. É Arquitecto Técnico, Licenciado en Administración e Dirección de Empresas, e Diplomado en Estudos Avanzados en Administración e Dirección Pública. Neste intre prepara a súa tese doutoral na área de investigación de Economía Aplicada. Funcionario de Administración Local e Experto en Formación Ocupacional, compaxina estas actividades co exercicio como profesional liberal. Froito dos seus traballos de investigación, publicou A Formación da Axenda da Política Galega de Acuicultura Mariña (Edicións Embora, 2009) e A Ceca de Xuvia: una visión dende a Economía (Edicións Embora, 2009). En relación coas súas actividades no Concello de Narón, publicou varios artigos sobre a xestión de residuos sólidos urbanos na revista Equipamientos y Servicios Municipales.