Artigos de Manuel G. Antón

O bo ladrón

Permítanme que unha vez máis me asome a esta xanela de liberdade. Ultimamente estiven moi ocupado tratando de arranxar as desfeitas dalgúns políticos e créanme, son tantas e tan grandes que apenas me queda tempo para outra cousa. Pero a imaxe na televisión do noso Presidente, fantasmal porque nunca aparece cando a situación o demanda, pero si cando se terza a foto de rigor, tocoume a moral, por non referirme a unha parte do corpo máis material e sensible, e creo que merece un comentario.

E ti, a quen vas votar?

Teño que confesarlles a aqueles que se sentiron ofendidos con algún dos meus comentarios, que cualificaron de peperos, pesoeros ou bloqueros, segundo a afiliación do forofo de turno e o destinatario final das miñas opinións, que todos eles están absolutamente errados.

Este país nunca será diferente

Nesta especie de circo no que se está a converter o escenario político español, no que incompetentes e analfabetos funcionais ocupan postos de relevancia, é evidente que algúns están a gañar, por méritos propios, o lugar reservado aos pallasos.

Érase unha vez un país de coña

O Sr. Rodríguez, Presidente do Goberno e Secretario Xeral do PSOE anunciou, entre outras medidas de redución do déficit público para loitar contra a crise, a conxelación das pensións contributivas.

A voltas coas caixas

¿Realmente que é o que se pretende impulsar coa fusión das Caixas? ¿É necesario, ou simplemente importante, concentrar o aforro dos galegos, e do resto dos españois, para poñelo en mans duns poucos? ¿E quen son eses poucos? ¿Podemos prescindir os galegos dun sistema financeiro a medida para o desenvolvemento local?

Outra perspectiva do PXOM coruñés

Non deixa de ter mérito a campaña emprendida polo elenco de promotores da modificación do Plan Xeral de A Coruña para tentar convencer aos afectados das bondades da declaración de fora de ordenación da materialización dos aforros de toda a súa vida, e a todos os coruñeses da fascinante cidade que lles vai quedar despois de incrustar na trama urbana con calzador uns milleiros mais de persoas.

Ora Pro Nobis!

Esta é unha historia de ficción. Calquera parecido coa realidade é pura coincidencia; ou debería de selo.

Seguridade nos aeroportos

No país que pretende espirnos, primeiro os corpos e logo as conciencias, pode vostede mercar e circular cunha arma de asalto ata por Disneylandia. Consonte coas cifras de criminalidade, a día de hoxe é inmensamente máis doado morrer dun tiro na cola do paro ou sentado no pupitre da aula, que como consecuencia dun atentado a un avión. E ninguén se lle ocorre prohibir a venda de armas, entre outras cousas porque curiosamente armas e escáneres son fillos do mesmo pai.
Manuel Guillermo Antón Villamil Naceu en Ferrol en 1957, aínda que a súa vida sempre estivo ligada ao Concello de Fene. É Arquitecto Técnico, Licenciado en Administración e Dirección de Empresas, e Diplomado en Estudos Avanzados en Administración e Dirección Pública. Neste intre prepara a súa tese doutoral na área de investigación de Economía Aplicada. Funcionario de Administración Local e Experto en Formación Ocupacional, compaxina estas actividades co exercicio como profesional liberal. Froito dos seus traballos de investigación, publicou A Formación da Axenda da Política Galega de Acuicultura Mariña (Edicións Embora, 2009) e A Ceca de Xuvia: una visión dende a Economía (Edicións Embora, 2009). En relación coas súas actividades no Concello de Narón, publicou varios artigos sobre a xestión de residuos sólidos urbanos na revista Equipamientos y Servicios Municipales.