Temas: HOMOFOBIA

Concentración en Sada para "dicir non" á homofobia

Medio milleiro de persoas participaron nun acto no que pediron desculpas públicas do secretario da asociación de empresarios de Sada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2017 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

Ao redor dunhas 500 persoas participaron este domingo nunha concentración na Praza de San Roque da localidade coruñesa de Sada en defensa dos dereitos dos homosexuais e para "dicir non" á homofobia.

Concentración contra a homofobia en Sada
Concentración contra a homofobia en Sada | Fonte: Europa Press

Na mañá deste domingo, uns 500 veciños deste municipio coruñés saíron á rúa en resposta á polémica xurdida esta semana tras a publicación do artigo 'La homosexualidad es pecado' na revista da asociación de empresarios de Sada (A Coruña), escrito polo secretario e tesoureiro da entidade, Eduardo Lorenzo.

Na Praza de San Roque concentráronse numerosos veciños convocados polo colectivo 'Sada di non'. No acto tamén participaron o alcalde de Sada, Benito Portela, membros do seu goberno e representantes municipais de PSOE e BNG.

Polo micrófono instalado na praza pasaron varias persoas que esixiron respecto polas persoas homosexuais e reclamaron que tanto o autor do artigo como o presidente da asociación de empresarios de Sada (A Coruña), Bernardo Valiño, pidan desculpas públicas por un texto que xerou unha gran polémica.

O AUTOR NON SE RETRACTA

E é que, o pasado venres tanto Valiño como Eduardo Lorenzo presentaron a dimisión dos seus cargos na patronal de Sada, que se fará efectivo "en breve".

Con todo, ese mesmo día en declaracións a Europa Press, Eduardo Lorenzo indicou que a súa renuncia "non supón unha retractación" polo contido do artigo, á vez que avanzou que "a mediados" da próxima semana publicará un novo texto no que explicará os motivos da súa dimisión.

"Isto non supón unha retractación", sinalou preguntado se se ratifica no contido do artigo e despois de que o presidente dos empresarios de Sada o apoiase. Publicado no 'Mariñán,' editado pola Asociacion de Empresarios, no artigo incluíanse frases como "unha cousa é o homosexual discreto e respectable e outra o maricón ostentoso".

Temas: HOMOFOBIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Antinostrus

O de menos é a xente que asistiu........o de mais é a razón da asistencia...sabemos non estiveron os cipaiosmononeuronais de Nostrus ou Buff, á sazón mamando nas súa Porkasnais no seu Cortello de Referencia, á mesma hora......

2 Puntualizator

O Sermos, citando fontes dos propios organizadores di que asistiu medio cento de persoas...

1 Estralampa

Pois sairom todos na foto!!

1 Bufffff

Con independencia de que la villa de Sada no esté de acuerdo con el contenido del artículo, hay muy poquita gente, abueletes la mayoría, y gays yo diría que casi no se ven. Por la foto, debía haber unas 80 personas, quien lo dude, que las cuente y añada con generosidad las que podía haber donde no se ve.

1 Mensagem dende o Japão

Chegou teletipo do Japão para o Bufffff, a ver se sabe o que di: KARAKO NA

2 Mensagem dende o Japão

e que és desagradable a posta, ghicho. Mira, ou és máis considerado ou vai haber moito teletipo do Japão.

3 EU SON DE SADA

Ósperas!! este tipo e capaz de distinghir os gays nunha foto!! Eres o meu heróe neno!!