Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2017 | Actualizada ás 10:58
O sector do metal mantén paralizada boa parte da actividade dos polígonos industriais da provincia da Coruña nunha segunda xornada de folga para esixir o desbloqueo da negociación do convenio colectivo.
CC.OO. subliña o "éxito" deste novo día de paro, con diferentes actos reivindicativos na Coruña, Ferrol e Santiago.
Na capital galega, como no resto de localidades, os sindicatos despregaron piquetes informativos. UGT, Comisións e CIG critican que a patronal "se negue" a incluír nos novos convenios aspectos como a subrogación do persoal, a articulación de mecanismos de "fiscalización" do labor das mutuas no tocante ao control da seguridade laboral e os acordos sectoriais como o das auxiliares de Navantia.
Tamén esixen unha cláusula de revisión salarial "que garanta o poder adquisitivo" por encima do IPC, a activación dos pluses de antigüidade e xefatura de equipo, un "maior control" sobre as ETT e chegar a unha porcentaxe "mínima" de contratos indefinidos do 60%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.