Detido por condución temeraria tras un accidente en Ponteareas que se saldou cun ferido grave

Un home, veciño de Marín, foi detido como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria, tras producirse un accidente de circulación en Ponteareas no marco dunha concentración de mozas e vehículos, que se saldou cun ferido grave.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2017 | Actualizada ás 13:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home, veciño de Marín, foi detido como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria, tras producirse un accidente de circulación en Ponteareas no marco dunha concentración de mozas e vehículos, que se saldou cun ferido grave.

Coche accidentado en Ponteareas
Coche accidentado en Ponteareas | Fonte: Europa Press

O sinistro rexistrouse a última hora da tarde do pasado xoves, nunha vía de acceso ás canteiras do Confurco, no municipio de Ponteareas, onde se citaron varios mozos cos seus vehículos para realizar unha exhibición de condución evasiva.

"Cos motores ao límite das súas revolucións e como adoita ser habitual neste tipo de concentracións", engade a Garda Civil, os pilotos levan á práctica todo tipo de manobras temerarias efectuando derrapes e trompos.

Un dos vehículos que participaba na concentración, concretamente un BMW, que pilotaba D.V.B., de 22 anos, sufriu unha brusca saída da vía e precipitouse por un terraplén.

Como consecuencia do accidente, o vehículo sufriu importantes danos materiais, o piloto resultou ileso e o copiloto, un mozo veciño de Tomeza (Pontevedra), de 27 anos, que circulaba sen o cinto de seguridade, resultou ferido de gravidade.

Unha vez constatadas as circunstancias nas que se produciu o accidente e as causas que o motivaron, o GIAT do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra procedeu á detención do condutor, ao que se lle acusa da comisión dun presunto delito contra a seguridade viaria (condución temeraria) e outro de lesións por imprudencia.

O detido quedou en liberdade coa obrigación de comparecer no Xulgado, cando o citen. As dilixencias entregáronse no Xulgado de Instrución nº 2 de Ponteareas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta